En Markea tivemos a oportunidade de visitar as instalacións de Alumar e coñecer o proceso de produción e elaboración do mexillón.

Encontro virtual polo día da Publicidade
Co gallo do día da Publicidade, San Publicito👼, no EFA Piñeiral organizaron unha charla para os seus alumnos dos ciclo de marketing e vendas e publicidade. Neste encontro tiveron a oportunidade de escoitar a Lucía González, vicepresidenta de Markea e a Raquel López, delegada de Contas en Galicia en Avante Evolumedia.
Falaron cos alumnos sobre diversos temas, como o papel da publicidade en Galicia e en galego, a convivencia entre os medios online e offline, o papel dos Premios Paraugas e do Panel de marketing en Galicia. Ademais puxeron diversos exemplos sobre a mesa de empresas pequenas galegas, como Casa Grande de Xanceda ou Orballo, e como maximizan os seus orzamentos.
Tanto Lucía como Raquel aludiron á inversión publicitaria en Galicia, liderada por Internet, televisión e xornais.
Remataron a sesión falando dos retos e oportunidades no sector do marketing e da publicidade en Galicia, e dándolle moito ánimo ás futuras xeracións.
Graciñas pola organización desta sesión, Inma!