ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO MARKETING DE GALICIA
CAPITULO I.
DENOMINACIÓN, DURACIÓN, FINS, ACTIVIDADES E DOMICILIO SOCIAL.
ARTIGO 1. DENOMINACIÓN.
Coa denominación de ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO MARKETING DE GALICIA constitúese unha entidade ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
ARTIGO 2. DURACIÓN E CAPACIDADE.
Esta asociación constitúese por tempo indefinido e dispón de plena personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fíns.
ARTIGO 3. FINS.
Os fins desta asociación son os seguintes:
- Fomentare dar a coñecer a cultura do marketing entre os profesionais, as empresas e as institucións.
- Facilitar o intercambio de experiencias e ideas entre os seus membros, empresas, institucións, centros educativos en torno ao marketing como fonte de riqueza e innovación.
Ser un foro de encontro así coma unha rede social ou networking, que facilite a comunicación e a formación continua entre os seus membros.
- Prestixar e dar a coñecer o papel do Marketing e dos seus profesionais.
- Fomentar a implementación da función de Marketing como área clave para a consecución dos obxectivos estratéxicos definidos en empresas, institucións, administración e diferentes organizacións dentro do ámbito de actuación da Asociación.
ARTIGO 4. ACTIVIDADES.
Para o cumprimento destes fins a asociación poderá exercer as seguintes actividades sen prexuízo das que se poidan acordar polos órganos competentes.
- Almorzos, xantares e ceas de trabal
- Creación dunha rede social e profesional corporativa.
- Mesas redondas, xornadas, seminarios e conferencias.
- Xestión de galardóns e premios anuais.
- Publicación dunha revista, boletín ou newsletter coa periodicidade que se acorde.
- Publicación dun anuario de actividades así como de libros e estudos profesionais e sectoriais.
- Realización de actividades culturais extra profesionais tales como exposicións e conferencias.
- Deseño e execución de programas de formación profesional e de post grao como masters e cursos de especialización.
- Creación de programas de apoio, orientación e tutela a emprendedores empresariais no campo do marketing.
- Establecer acordos de colaboración con institucións educativas no ámbito do marketing.
- Establecer acordos de colaboración e intercambio con outras asociacións con iguais fins e obxectivos de ámbito nacional e internacional.
- Creación dunha web/blog corporativa.
- Fomentar actividades de ocio relacional dos seus membros.
- Asesorar a institucións e empresas en áreas vencelladas ao marketing.
ARTIGO 5. DOMICILIO SOCIAL.
- A Asociación establece o seu domicilio social na rúa Enrique Dequidt Hevia número 15, local 31, en 15005 A Coruña.
- O ámbito territorial no que vai realizar as súas actividades é todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia sen prexuízo de establecer acordos de colaboración ou intercambio con outras institucións e asociacións de semellante natureza situadas fóra de Galicia.
- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo da Asemblea Xeral.
CAPITULO II
DOS SOCIOS.
ARTIGO 6. DA CONDICIÓN DE SOCIOS:
- Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas que reúnan as seguintes características:
- a) Persoas físicas maiores de idade e con capacidade de obrar.
- b) Que teñan a condición de profesional do marketing por conta allea ou propia de calquera tipo de empresa que posúa forma xurídica mercantil así como cooperativas, sociedades agrarias de transformación, empresas de economía social e outras de similares características públicas ou privadas
.
- c) Calquera outra persoa física que, a xuizo da Xunta Directiva, pola súa traxectoria profesional ou formación, sexa acreedora de pertencer á Asociación.
- e) Que manifesten interese no desenvolvemento dos fins da Asociación.
- f) Que sexan presentados, a lo menos, por dous socios
- As candidaturas dos novos socios deberán ser aprobadas pola Xunta Directiva.
ARTIGO 7. TIPOS DE SOCIOS E A SÚA SITUACIÓN
- Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:
- a) SOCIOS FUNDADORES, que serán aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
- b) SOCIOS DE NÚMERO, que serán os que ingresen tras a constitución da Asociación.
- c) SOCIOS DE HONRA, os que, polo seu prestixio profesional ou por contribuír de modo relevante á dignificación e desenvolvemento da Asociación, se fagan acredores a tal distinción. O nomeamento dos socios de honra corresponderá á Asemblea Xeral por proposta da Xunta Directiva.
- Os socios causarán baixa por algunha das seguintes causas:
- a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
- b) Por falecemento, declaración de incapacidade ou inhabilitación profesional declarada por sentenza firme.
- c) Por incumprimento das obrigas económicas, se deixase de satisfacer polo menos dúas cotas periódicas.
- d) Como resultado de sanción de expulsión imposta por resolución firme emitida mediante expediente sancionador.
3.- A baixa dos socios non exonera estes das obrigas económicas esixibles ata a data de baixa. Tampouco outorgará o dereito á devolución das cotas satisfeitas.
ARTIGO 8. DEREITOS DOS SOCIOS DE NÚMERO E FUNDADORES:
Todos os socios gozarán dos seguintes dereitos:
- a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
- b) Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter para eles.
- c) Participar nas Asembleas con voz e
- d) Ser electores e elixibles para os cargos directivos.
- e) Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde ao mellor cumprimento dos fins da Asociación.
- f) Dereito a ser representado na Asemblea Xeral e delegar o seu voto noutro socio por esc
ARTIGO 9. DO DEREITO DE INFORMACIÓN DOS SOCIOS.
Todos os socios teñen dereito de acceso á seguinte información:
- a) Recibir copia dos presentes estatutos, así como das modificacións que fosen introducidas en este documento.
- b) Recibir certificación dos acordos da Asemblea Xeral e das anotacións realizadas no libro rexistro de asociados.
- c) Recibir da Xunta Directiva copia certificada dos seus acordos que lle afecten persoalmente e que se lle aclare, nun prazo non superior a un mes dende a solicitude, o estado da súa situación económica coa Asociación.
- d) Ter acceso ás contas a aprobar pola Asemblea Xeral cun prazo mínimo dun mes antes da data da reunión.
- e) Todos estes dereitos de acceso á información deberán ser solicitados mediante escrito dirixido á Xunta Directiva cun mes de antelación.
- f) Estes dereitos de acceso á información deberán axustarse en todo momento ao establecido na LOPD.
ARTIGO 10. OBRIGAS DOS SOCIOS FUNDADORES E DE NÚMERO:
Todos os socios teñen a obriga de:
- a) Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e a Xunta Directiva.
- b) Aboar as cotas que se fixen.
- c) Desempeñar, se é o caso, as obrigas inherentes ao cargo que ocupen.
ARTIGO 11. DOS SOCIOS DE HONRA:
Os socios de honra terán os mesmos dereitos e obrigas que os socios fundadores e de número agás ser membros da Xunta Directiva.
Os socios de honra terán dereito de voz pero non de voto na Asemblea Xeral.
ARTIGO 12. DO LIBRO REXISTRO DE SOCIOS.
- 1. A asociación levará un libro rexistro de soci No devandito libro constarán os seguintes datos persoais:
- a) Identificación, nome e apelidos de todos e cada un dos socios.
- b) A condición de socio fundador, de numero ou de honra de todos.
- c) Datas de alta, baixa ou excedencia na asociación.
- d) Incidencias relevantes na súa condición de socio. Especialmente se foi sancionado ou amoestouse como consecuencia do correspondente procedemento sancionador.
- e) Situación balance económico das súas obrigas económicas fronte á asociación.
- f) Cargos que ocupa ou ocupou na asociación con datas de nomeamento e cesamento deste.
- O responsable da levanza e custodia do libro rexistro de socios corresponde ao Secretario da Asociación.
- A Xunta Directiva manterá unha base de datos, propiedade da Asociación, cos datos confidenciais dos socios de acordo ao establecido na LOPD.
CAPITULO III
COMPOSICIÓN, FUNCIONAMENTO E FACULTADES DOS ORGANOS DE GOBERNO.
ARTIGO 13. ÓRGANOS DE GOBERNO DA ASOCIACIÓN:
Os órganos de goberno da Asociación son os seguintes:
- a) Asemblea Xeral.
- b) A Xunta Directiva.
- c) O Presidente.
ARTIGO 14. DA ASEMBLEA XERAL.
- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por todos os asociados.
- As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ao ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo do Presidente, cando a Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito un terzo dos asociados.
- As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea en primeira convocatoria haberán de mediar polo menos quince días, podendo así mesmo facerse constar se procedese a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a unha hora.
- As Asembleas Xerais, tanto ordinarias coma extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela un terzo dos asociados con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto.
- Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables para estes efectos os votos en branco nin as abstencións.
- Será necesario maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para o nomeamento das Xuntas directivas e administradores.
- Será necesario o voto de dous terzos das persoas presentes ou representadas para:
- a) Acordo para constituír unha Federación de asociacións ou integrarse nelas.
- b) Disposición ou alienación de bens integrantes do inmobilizado.
- c) Modificación de estatutos.
- d) Disolución da entidade.
ARTIGO 15. FACULTADES DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
A Asemblea Xeral ordinaria terá encomendadas as seguintes tarefas:
- a) Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.
- b) Aprobar, se é o caso, a xestión da Xunta Directiva.
- c) Examinar e aprobar as contas anuais.
- d) Aprobar ou rexeitar as propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da Asociación.
- e) Fixar as cotas ordinarias ou extraordinarias.
- f) Acordar a remuneración, se é o caso, dos membros dos órganos de representación.
ARTIGO 16. FACULTADES DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA:
Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria:
- a. Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.
- Modificación dos Estatutos.
- Disolución da Asociación.
- d. Expulsión de socios, por proposta da Xunta Directiva.
- e. Constitución de Federacións ou integración nelas.
- f. Calquera outra que non sexa da competencia exclusiva da Asemblea O
ARTIGO 17. DA XUNTA DIRECTIVA:
A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada polos seguintes membros:
- a) Un Presidente.
- b) Un Secretario Xeral.
- c) Un Tesoureiro.
- d)Un mínimo de tres e un máximo de 11
- Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán designados e/ou revogados pola Asemblea Xeral ordinaria ou extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos.
- Os membros da Xunta Directiva causarán baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigas que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
- 3. Os membros da Xunta Directiva que tivesen esgotado o prazo para o cal foron elixidos, continuarán ocupando os seus cargos ata o momento en que se produza a aceptación dos que os substitúan.
ARTIGO 18. FUNCIONAMIENTO DA XUNTA DIRECTIVA:
- A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente ou a iniciativa ou petición de polo menos cinco dos seus membros.
- A Xunta quedará validamente constituída cando asista polo menos un terzo dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos dos presentes. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.
ARTIGO 19. FACULTADES DA XUNTA DIRECTIVA:
- As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral a todos os actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requiran, segundo os presentes estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.
- Son facultades particulares da Xunta Directiva:
- a) Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
- b) Executar os acordos da Asemblea Xeral.
- c) Formular e someter a aprobación da Asemblea Xeral os Balances e as Contas anuais.
- d) Resolver sobre a admisión de novos asociados.
- e) Nomear entre os vogais desta delegados para algunha determinada actividade ou función da Asociación.
- f) Calquera outra facultade que non sexa
da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios.
ARTIGO 20. FACULTADES DO PRESIDENTE:
O Presidente terá as seguintes atribucións:
- a) Representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados.
- b) Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións dunha e outra.
- c) Ordenar pagamentos e autorizar coa súa firma os documentos, actas e correspondencia.
- d) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen prexuízo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva.
ARTIGO 21. DO SECRETARIO XERAL:
O Secretario Xeral estará a cargo das seguintes funcións:
- a) Substituír o Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou calquera outra causa coas mesmas atribucións que o primeiro.
- b) A dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación.
- c) Expedir certificacións.
- d) Levanza dos libros da asociación que sexan establecidos legalmente, a excepción dos libros contables, así como o libro rexistro de socios.
- e) Custodiar a documentación da entidade, facendo que se cursen ás comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles nos Rexistros correspondentes.
- f) Presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.
ARTIGO 22. DO TESOUREIRO:
O Tesoureiro estará a cargo das seguintes funcións:
- a) Recadar e custodiar os fondos pertencentes á Asociación.
- b) Dar cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente.
- c) Levanza dos libros contables.
ARTIGO 23. DOS VOGAIS:
Os Vogais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, e así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta encomende.
ARTIGO 24. DAS COMISIÓNS:
No seo da asociación poderanse crear comisións ou grupos de traballo específicos a cargo das tarefas, estudos ou análise que lle sexa necesaria para o bo funcionamento da Asociación e que lle sexa encomendados pola Xunta directiva.
ARTIGO 25. PROVISIÓN DE VACANTES:
As vacantes que se puidesen producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre os devanditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.
CAPITULO IV
RÉXIME ECONÓMICO, CONTABLE E FINANCEIRO.
ARTIGO 28. RECURSOS ECONÓMICOS E EXERCICIOS CONTABLES.
- Para o cumprimento dos seus fins a asociación disporá dos seguintes recursos económicos.
- a) Patrimonio ou Fondo Social.
- b) Cotas ordinarias e extraordinarias.
- c) As subvencións, legados ou herdanzas que puidese recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas.
- d) Créditos bancarios.
- e) Intereses ou outros ingresos que xere o seu patrimonio.
- f) Calquera outro recurso lícito.
- No momento da súa fundación e inicio de actividades a asociación dispón dun patrimonio de 2.800 €.
- A Asociación funciona en réxime de presuposto anual con partidas diferenciadas de ingreso e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación que deberá telo confeccionado antes do día un de xaneiro de cada exercicio económico.
- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano.
- Para a disposición dos fondos das contas bancarias da que sexa titular a asociación será necesaria indistintamente a firma do Presidente, do Secretario Xeral ou a do Tesoureiro.
- En ningún caso se poderá distribuír ou repartir entre os seus socios os recursos obtidos pola Asociación.
ARTIGO 29. DAS COTAS:
- As cotas ordinarias serán aprobadas cada ano pola Asemblea Xeral a proposta motivada da Xunta Directiva. No caso de que a Asemblea Xeral non adopte ningún acordo manteranse as cotas do anterior exercicio pero incrementaranse de modo automático co IPC xeral de España.
- As cotas do primeiro exercicio serán aprobadas na Asemblea constituínte da Asociación.
- As cotas non serán reintegrables nin poderán ser condonadas ou compensadas en ningún caso.
- O non pagamento de dúas cotas será motivo de suspensión da condición de socio sen procedemento sancionador previo ata a regularización da débeda.
CAPITULO V
RÉXIME SANCIONADOR.
ARTIGO 30. DAS INFRACCIÓNS.
- As infraccións cometidas polos socios son de tres tipos:
- a) Leves.
- b) Graves.
- c) Moi Graves
- Son infraccións leves as seguintes:
a.1. Comportamentos contrarios aos bos costumes, educación e corrección esixibles a un bo profesional.
a.2. Incumprimento reiterado das obrigas dos socios recollidas no artigo10 dos presentes estatutos.
- Son infraccións graves.
b.1. A comisión de dúas infraccións leves dentro do prazo dun ano.
b.2. O non pagamento das sancións de multa por infraccións leves.
b.3. A comisión dunha falta de carácter penal declarada por sentenza firme sobre a persoa ou patrimonio de calquera dos socios ou da asociación.
b.4. Incumprimento grave das obrigas e deberes inherentes á condición de membro da Xunta directiva.
b.5. A utilización en beneficio propio do nome, actividades e reputación da Asociación.
- Son infraccións moi graves as seguintes:
c.1. A comisión de dúas infraccións graves dentro do prazo dun ano.
c.2. O non pagamento das sancións de multa por infraccións graves.
c.3. A comisión dalgún delito tipificado no código penal sobre a persoa e/ou patrimonio da asociación ou algún dos seus socios.
c.4. Calquera tipo de agresión, tanto física coma oral, a calquera membro da Asociación.
- 2. As infraccións serán graduadas en función da súa importancia, transcendencia social, dano económico causado e intencionalidade.
ARTIGO 31. SANCIÓNS.
- As infraccións leves serán sancionadas con amoestación verbal.
- As infraccións graves serán sancionadas con multa de 101 a 500 euros, amoestación por escrito e suspensión da condición de socio por un período non inferior a dous meses e non superior a un ano.
- As infraccións moi graves serán sancionadas coa expulsión definitiva da Asociación.
- Todas as sancións que recaian sobre os socios infractores serán anotadas no libro rexistro de socios e canceladas aos dous anos.
ARTIGO 32. PROCEDEMENTO SANCIONADOR.
- Todas as sancións serán impostas pola Xunta Directiva mediante acordo motivado e adoptado por maioría absoluta despois do correspondente procedemento sancionador.
- O expediente sancionador poderá comezar de oficio, mediante acordo por maioría da Xunta Directiva, ou a instancia de parte mediante denuncia de calquera dos socios.
- A Xunta Directiva nomeará un instrutor que comunicará ao interesado a infracción ou infraccións que se lle imputan e a proposta de sanción co fin de que poida formular as alegacións na súa defensa que considere convenientes no prazo de dez días.
- Unha vez recibidas e estudadas as alegacións e practicadas as probas pertinentes, o instrutor elevará unha proposta de resolución á Xunta Directiva, que deberá de adoptar a correspondente resolución motivada no prazo de trinta días.
- As sancións serán inmediatamente executadas dende a súa aprobación pola
Xunta Directiva.
- As sancións de multa deberán ser pagadas no prazo máximo dun mes dende a data da súa imposición.
ARTIGO 33. RESPONSABILIDADE CIVIL.
As sancións imporanse con independencia da responsabilidade civil a que houbese lugar como consecuencia da infracción. A devandita responsabilidade civil deberá ser establecida por sentenza xudicial firme.
CAPITULO VI
DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
ARTIGO 34. CAUSAS DE DISOLUCIÓN.
A Asociación poderá disolverse por algún dos seguintes motivos:
- a) Por acordo da Asamblea Xeral extraordinaria convocada ao efecto e adoptado por maioría de dous terzos dos socios.
- b) Por sentenza xudicial.
- c) Pola imposibilidade sobrevida de cumprir os fins sociais.
- d) Por fusión, absorción con outra asociación.
- e) Por calquera outra causa establecida na lexislación.
ARTIGO 35. LIQUIDACIÓN.
- No caso de disolución da Asociación, a Asemblea Xeral que acorde esta nomeará unha Comisión Liquidadora.
- A Comisión Liquidadora procederá a dar cumprimento ao acordo de disolución mediante o cumprimento de todas as obrigas pendentes e de asegurar as que non sexan realizables no momento. O haber resultante da liquidación doarase a outra asociación non lucrativa inscrita na Comunidade Autónoma de Galicia que teña iguais ou semellantes fins que a disolta. No seu defecto doarase á asociación benéfica que designe a Asemblea Xeral.
- Unha vez efectuada a liquidación e a correspondente doazón do haber social resultante, procederase a inscribir a acta de liquidación definitiva da Asociación no rexistro de asociacións de Galicia.
ARTIGO 36. COMPOSICIÓN DA COMISIÓN LIQUIDADORA.
A Comisión Liquidadora estará composta por todos os membros da Xunta Directiva á que se poderá engadir dous socios interventores non pertencentes á devandita Xunta e designados pola Asemblea Xeral.
ARTIGO 37. COMPETENCIAS DA COMISIÓN LIQUIDADORA.
Son funcións da Comisión Liquidadora as seguintes:
- a) Velar pola integridade do patrimonio da Asociación.
- b) Concluír as operacións pendentes e realizar os actos necesarios para levar a cabo a liquidación.
- c) Liquidar o patrimonio e pagar os acree
- d) Solicitar a cancelación dos asentos da Asociación no correspondente rexistro.
ARTIGO 38. MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS.
Os presentes estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ao efecto pola Xunta Directiva e adoptado polas dúas terceiras partes dos asociados. A convocatoria da Xunta deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
DISPOSICION ADICIONAL
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.
En Vigo, a 23 de Marzo de 2012
(SINATURAS dos que figuren como outorgantes da Acta Fundacional. Deberán asinar tamén na marxe de cada unha das follas dos Estatutos).
- D. Jorge Pallarés Bartolomé José Luis Reza Pérez
NIF 33.288.646 X NIF 76.895.121 A
- Javier Fernández Fernández D. Miguel Ángel Souto Fraga
NIF 32.816.724 W NIF 32.660.199 S
- Jorge Mahía CedeiraDña. María Herrero González
NIF 32.765.687 W NIF 36.133.793 B
Dña. Eva África Mínguez Lobato Dña. Iria Chousa Redondo
NIF 36.131.170 X NIF 33.543.258 N
- Rafael Marzán Vázquez D. José Cabanas Muíños
NIF 33.336.297 M NIF 32.803.979 E
- Rafael Sanguino Martínez Dña. María Garrido Grille
NIF 07.228.754 S NIF 36.086.379 T
- Benjamín Vázquez Almuiña D. Victor Stern Luño
NIF 36.086.379 T NIF 32.836.625 P