skip to Main Content
Eapkot7x0asy8lc

Estratexias de marketing no sector musical

A música converteuse nos últimos meses nun dos máis efectivos refuxios para capear a situación. Das estratexias de marketing do sector musical falounos Maxime Dodinet, Digital Marketing Manager da multinacional Sony Music Spain e Carlos Galán, CEO e fundador da produtora discográfica independente Subterfuge. A mesa estivo moderada por Román Camba, Director Desenvolvemento de Negocio en Bushido.

Segundo Maxime Dodinet, unha produtora como Sony acompaña ao artista situando a súa marca detrás. Os presupostos son axustados, e xa non pensan en producir discos enteiros, senón que van sobre o seguro canción por canción. Se funcionan van a por máis. Neste aspecto Subterfuge traballa dunha forma diferente. Está ao lado da carreira de cada un dos artistas cos que traballan, buscando talento para medrar da man.

Aínda así ambas produtoras coinciden en que o fundamental do seu traballo é detectar talento acompañando aos artistas ao longo do tempo. Se ben Sony usa o data driven para detectar tendencias en Youtube, Carlos Galán de Subterfuge indicaba que eles se moven creando unha rede de bandas, dunha forma máis artesanal.

Novas tendencias, TikTok ou Alexa

Respecto a TikTok, tanto Sony coma Subterfuge coinciden en indicar que polo momento non van desenvolver unha estratexia nela. Dodinet explica que a inversión requerida en TikTok é moi alta e que dende o seu punto de vista, a audiencia é quen ten a última palabra e quen escolle que un tema sexa exitoso ou non, malia a que TikTok axuda. No mesmo punto está Subterfuge, explicando que polo momento esta rede social non é unha prioridade debido a que o seu público non está aí, pero non descartan poder abrirse unha canle no futuro.

Outra plataformas coma Spotify ou Youtube si son usadas por ambas produtoras que afirman que por moito músculo financeiro que teñas, se o tema non conecta coa audiencia non hai nada que facerlle.

Mirando ao futuro, tanto Carlos como Maxime afirman que Alexa será un grande aliado e malia ao éxito das novas experiencias dixitais, ambos confían no poder e na importancia dos concertos en directo.

Graciñas por esta estupenda mesa de debate, Carlos, Maxime e Román. Moita sorte nos vosos proxectos.

E un gran aplauso aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.