Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Estrea dos Afterwork en Ourense
Xa estamos en catro das grandes cidades da nosa Comunidade!
Nesta primeira ocasión en Ourense, o noso secretario xeral, Jorge Pallarés, tomou a palabra para agradecer tanto ao Círculo de empresarios e a Deputación de Ourense, coma a Dinahosting, como patrocinador dos mesmos, a posibilidade de levar a cabo estes eventos tamén na cidade das Burgas.
Aproveitou tamén para transmitir os obxectivos de Markea (fomentar e difundir a cultura do marketing, facilitar o intercambio de ideas, relacións, experiencias e prestixar a nosa disciplina) á audiencia, e presentou a Elena Canal, directora de marketing de Aceites Abril, que será a responsable da organización e de dar continuidade aos afterworks na cidade.
E, xa metidos no tema deste primeiro afterwork, o invitado foi Pablo López Domínguez, de Hacce. Contounos cómo crear unha web efectiva, que pasa por pensar no usuario dende o principio, incluso antes e poñerse a traballar nela. Dixo que habería que comezar pola determinación duns obxectivos SMART:
Specific >> Específicos
Measurable >> Medibles
Attainable >> Alcanzables
Relevant >> Relevantes
Time based >> En tiempo
Por suposto, que é inevitable involucrar ó director/a de marketing neste proxecto, xa que o mais importante é definir ao usuario: poñerlle cara, nome e apelidos, e definir a suas motivación ao visitar a nosa web. E quen mellor que o director/a de marketing para por en riba da mesa ese coñecemento?
Según Pablo, o usuario ten que cumplir o seu obxectivo sí o sí, se non marchara da páxina; pero ademáis, terá que cumplir tamén os nosos obxectivos, coma empresa, é dicir que leven a cabo a acción que queremos que faga (conversión). Por isto, o site ten que ser construido con “arquitectura de persuasión“: que inclúa contidos, copys, deseño, chamadas á acción (CTA), etc. En todo o proceso deberemos ter presente a exepriencia de usuario, e o seu deseño pertence á área do marketing.
Foi unha gran sesión inuagural. Desexámoslle a Elena e a todos os colaboradores, e compañeiros que se acercaron a este primeiro afetrwork en Ourense, un longo camiño de boas experiencias e relacións.