- This evento has passed.
Afterwork abril
20 Abril 2022 | 19:30 - 20:30
O próximo 20 de abril voltamos cun novo afterwork na casa. Nesta ocasión, Miguel Ángel Souto, Consultor, Director Comercial e de Marketing e Formador, falaranos da Venda híbrida: a fusión das áreas Comercial e de Marketing.
Miguel Ángel Souto contestará ás seguintes preguntas:
- Como lograr que un equipo comercial dea resposta ao novo cliente híbrido: dixital e físico?
- Como debo actualizar o meu proceso de prevenda e postvenda?
- Que accións debe facer o Marketing en fusión con Vendas, e que novas ferramentas de marketing debe coñecer todo vendedor?
En definitiva, Miguel Ángel explicaranos como os equipos comerciais deben dixitalizarse para atender ao cliente actual, algo que el xa comprobou sobre o terreo tras os seus máis de 25 anos de experiencia.
Non o perdas!