
- This evento has passed.
Afterwork febreiro
16 Febreiro 2022 | 19:30 - 20:30
O vindeiro mércores, 16 de febreiro, teremos un novo Afterwork at Home, a cargo de Xoel Vázquez, CEO de Xoia Extending Reality.
“Publicidade doutra dimensión”
Xoel falaranos sobre como as realidades extendidas (virtual, aumentada e mixta) están a revolucionar a comunicación e o marketing. Tratará de explicarnos como funciona esta tecnoloxía e como sacarlle partido, a través de casos reais.
Tomade nota e axendade no voso calendario:
Hora: 19:30h
Data: mércores 16 de febrero
Inscricións: AQUÍ
IMPORTANTE:
Este Afterwork vaise celebrar a través da plataforma de eventos VIDIV, que permitirá unha maior interación dos asistentes.
Conectádevos un pouquiño antes das 19:30h porque teredes que rexistrarvos coma usuarios. E tede a man unha fotiño vosa, logo da empresa, un superheroe ou o que queirades 😉 porque vaivos facer falla para o rexistro.