- This evento has passed.
Afterwork outubro
19 Outubro 2022 | 19:30 - 20:30
O vindeiro mércores, 19 de outubro, temos novo Afterwork At Home, con Andrea Espiña, Cofundadora e Directora Creativa de Lachary, creadora de campañas tan coñecidas coma “A Fouteza” para o RC Celta.
Andrea falará da Creatividade ao servizo das marcas. É dicir, de como a creatividade debe inspirar todo o que facemos para a nosa marca, dende un copy ata unha keyword.
RECORDADE:
Data: mércores 19 outubro
Hora: 19:30h
Inscrición gratuita: ACCEDE AQUÍ
NOTA: Este Afterwork vaise celebrar a través da plataforma de eventos VIDIV, a cal permitirá unha maior interacción dos asistentes.
É recomendable conectarse antes das 19:30 h co fin de dar de alta o usuario. É necesario, á hora de crear o perfil, ter unha imaxe dispoñible (logo da empresa, imaxe persoal, o teu super heroe favorito, etc.)