skip to Main Content
Loading Eventos

« Todo Eventos

  • This evento has passed.

V Foro de Marketing e Vendas

22 Febreiro 2022 | 09:30 - 13:00

O próximo 22 de febreiro, terá lugar o V Foro de Marketing e Vendas, organizado por Markea e APD.

Neste V Foro de Marketing e Vendas, analizaremos cal foi a evolución do comercio online e cales son as tendencias de marketing para 2022, tan influídas pola desaparición das cookies e polo impulso das vendas online tras a pandemia. Falaremos tamén de como afrontar a dificultade de chegar aos nosos consumidores adaptándonos ás novas modalidades e demandas de consumo, así como ao que eles esperan das marcas nunha sociedade cada vez máis preocupada polo mundo que a rodea.

Por parte de Markea participarán Pepe Cabanas, Presidente e CMO de Estrella Galicia, Lucía González, Responsable de Marketing de dinahosting e Vicepresidenta, Yago Díaz, Director de Marketing de Delikia e Secretario. Tamén estarán Beatriz Pereira, CEO de Iuni, Alberto Cochón, CEO de Carrick, Andrés Rodríguez, Responsable de Marketing de Marine Instruments, David Oreiro, Director de Marketing de Situm e Adrián Salgado, Director de Marketing de Zelnova. Pronto iremos actualizando o panel de expertos.

Para inscribirvos accedede a este enlace se sodes socios de APD.

Se non sodes socios, escribídenos a comunicacion@markea.es para xestionarvos a vosa entrada de balde.

Día: 22 de febreiro

Hora: 9.30h

Lugar: Hotel Oca Puerta del Camino en Santiago

Detalles

Data:
22 Febreiro 2022
Hora:
09:30 - 13:00