skip to Main Content
Congreso Fluor 21

Éxito da terceira edición do Congreso Flúor, con máis de 1500 asistentes

FLÚOR, o Congreso de Marketing Digital, non só entusiasma ao talento galego, senón tamén a todos os foráneos que aterrizaban hai unhas semanas en Pontevedra. E é que unha das frases máis repetidas durante os dous días de celebración era “este evento está moi por riba de moitos dos celebrados en Madrid ou Barcelona”. Unha afirmación que, na volta ao seu formato presencial, era refrendada polos números xa que a decisión da organización de pór en marcha un formato híbrido entre o presencial e o online reuniu a máis de 1.500 asistentes. Máis de 300 acudiron de forma física ao auditorio de Afundación na cidade do Lérez, mentres que máis de 1.200 facíano vía streaming.

Relatores e actividades cargadas de brillo fluorescente

FLÚOR ofrecía durante dous días 15 conferencias, 2 mesas redondas e 4 talleres prácticos, nos que interviniron 25 expertos de empresas como Google, TikTok, PrestaShop, Coca-Cola Europacific Partners, Movistar+ o Palladium Hoteles, ademais de expertos como José C. Cortizo ou Javier Consuegra, axencias e influencers de primeiro nivel.

Clúster de Comunicación de Galicia e toda a cadea de valor do sector autonómico do marketing, a publicidade, a comunicación, a impresión e o deseño aos que representan, promovía un congreso que deslumbrou aos asistentes pola calidade de todas as intervencións e relatores invitados.

A primeira charla abiruna José C. Cortizo, autor de PsychoGrowth e CMO & partner en Product Hackers; para sumarse despois Emilio Froján Cofundador e CEO de Velcamotor. Unha das intervencións máis aplaudidas nas que este mozo emprendedor mostraba as claves para construír comunidade de marca. Tras Emilio tomoulle o testemuño Charo Orellana, a directora asociada de comunicación para España e Portugal en Coca-Cola Europacific Partners. Fermín Abella, Cofundador e director de Yorokobu, falaba na súa intervención online de como ser creativo e capaz de innovar na comunicación.

fluor-fermin-abella

Sesións de media mañá

Sen dúbida, un dos relatores máis esperados polos asistentes era Daniel Solana, Fundador de DoubleYou, que coa súa intervención “Just think it” invitaba a facer unha reflexión sobre a publicidade. Un mundo, segundo el, “alimentado polas ciencias da complexidad, no que todo está conectado”.

daniel-solana

Estamos nun momento de grandes oportunidades. Hai necesidade de consumir produtos e o marketing e a publicidade dispoñen de mil maneiras de facelo. Podemos promover fenómenos sociais”.

Teba Lorenzo, Brand Partnerships Lead en TikTok era outra das relatoras que máis expectativas levantou. Unha profesional que se formou na Facultade de Ciencias da Información de Pontevedra que regresaba á que foi a súa casa 20 anos despois.

En TikTok no hai que ser perfectos senón auténticos. Por iso somos a plataforma líder de medios en formato de vídeos curtos, o que se convirte nunha grande oportunidade para que as marcas sexan capaces de comunicar”.

Sesións da tarde

Xa pola tarde Xoel Vázquez, CEO Xoia Extending Reality, deixaba encandilados aos asistentes coas súas explicacións sobre a realidade aumentada e as posibilidades que ofrece esta ferramenta que permite experimentar unha publicidad noutra dimensión.

A Mesa de Video Advanced TV liderada por Álvaro Brandau, director de desenvolvemento estratéxico de Avante Evolumedia, convertíase nunha das mesas máis divertidas dos dous días de congreso.

Mercedes Blánquez, xefa de desenvolvemento de negocio e capacidades de publicidade en Movistar+ TV; Álvaro Pastor, director de operacións en Sunmedia; e José Pereira Fariña, director da área de innovación e negocio da Corporación Radio Televisión de Galicia, regalábanos grandes reflexións acerca do futuro da televisión. Un medio que según eles está máis vivo que nunca xa que pasamos dunha televisión para todos, a unha televisión para cada un.

mesa-alvaro-brandau

A primeira xornada do congreso pechárona Rubén Ferreiro, fundador e CEO de Grupo Viko e Gaspar d’Orey, director Xeral de Dott. Mostráronos todas as posibilidades que ofrecen os marketplaces e as marcas de Amazon.

Segunda intensa xornada

O último día de FLÚOR deixábanos tamén grandes relatores e actividades. Por exemplo, a Danny Saltaren UX Designer de Mendesaltaren ou a mesa de marketing turístico composta por Alberto Rodríguez Boo, director de Alda Hotels; Iñaki Bau, Corporate Brand Strategy Sr. Director en Palladium Hotel Group; ou Ramón Braña Cobas, CEO/Director Xeral OCA Hotels.

Concha Wert, a directora xeral do Club de Creativos tampouco se perdeu a cita e acudía para contarnos como cambiou o papel da muller dentro da creatividade, do que aínda queda por facer, e das ferramentas das que a entidade botou man para facer consciente ao sector das desigualdades de xénero que sofren moitas mulleres creativas.

charo-orellana

Adrián Pan, managing director E2E en Bysidecar (BSD Digital Group) e Marta Castro, CEO en Lacorde (BSD Digital Group), Jorge González Marcos, country Manager en PrestaShop; Carla González, Creative & Copywriter; e Carolina Fernández, Account Strategy Lead, Google Shopping en Google, poñían o broche de ouro a un evento que se asenta xa como un indispensable para todos os amantes do marketing dixital de toda España.

4 talleres prácticos para redondear a experiencia

Paralelamente a todas as intervencións, FLÚOR tamén tiña oco para os talleres prácticos. Unhas actividades protagonizadas por Javier Consuegra, CEO de SalesPlanet; María Campos, responsable de medios en BySidecar; Sergio Martín, country Manager Spain & France Adform e Jose Rodríguez, online marketing director Avante Evolumedia; e Aitor Santos, cofundador de la agencia Wired&Linked.

Uns talleres que xiraron ao redor de LinkedIn e as súas posibilidades, Native Ads para escalar os negocios máis alá de Facebook e Google; o mundo post cookies e a comunicación como ferramenta clave na dirección de proxectos.

avante-adform

Fonte de información: Extradixital