
Trátase dunhas xornadas de introducción, reciclaxe e compartimento de casos reais de marketing das máis importantes empresas galegas.
Dirixido ás dirección empresariais e/ou a todos os axentes da cadea de valor do marketing de Galicia. Supón unha verdadeira oportunidade de acceder aos casos reais máis actuáis e da mán dos Directores de Marketing das empresas máis relevantes de Galicia (Socios de Markea).
Programa
Masterclass De Balde | 30 de Xuño – 1 de Xullo
Masterclass a cargo de Xosé Luis Reza Pérez (Presidente do Clúster do Ecommerce Galego, Presidente fundador de Markea e Presidente do Clúster da Comunicación de Galicia) que fará un repaso polos principais aspectos dun Plan de Marketing, con especial atención a casos de empresas galegas que sirvan como referencia.
Campus Face to Face | 7 – 8 de Xullo e 14 – 15 de Xullo
Prazas limitadas
Casos reais de marketing das principais empresas ou profesionais galegos/as. O contido será creado especificamente para cada caso.
A metodoloxía deste bloque está basada no método do caso que consiste na:
- Contextualización do caso
- Presentación do caso
- Grupos de debate
- Presentación de resolución por parte dos grupos
- Presentación de resolución por parte do poñente
- Conclusións
Con quen estaremos?

Inscríbete
Erro: Formulario de contacto non atopado.
Para formalizar a inscrición no Campus debes facer o ingreso do prezo, segundo a túa situación:
Socios de Markea e entidades colaboradoras (Inorde Turismo, Colexio de Economistas de Ourense e Cluster da Comunicación de Galicia) = 500€ + IVE
Non socios = 1.000€ + IVE
Na conta ES38 2080 0300 8430 4015 2234 indicando SUMMER CAMP + NOME E APELIDOS do participante.
Enviar xustificante do pago a formacion@markea.es
Apoia:


Secretaría técnica:

Colabora:


