Tiñamos moitas ganas de festexar, de reencontrarnos todos os asociados sen máscara, e que mellor motivo que facelo co aniversario de Markea

Ferramentas para captar novos clientes con Iberinform
Alexandre Iglesias, Marketing Manager de Iberinform, compartiu connosco o pasado mércores diferentes ferramentas orientadas á captación de novos clientes nun entorno tan competitivo como o B2B. Algunhas delas son de libre acceso, e favorecen o apoio da área de Marketing á actividade comercial de cada empresa.
Aprendemos sobre as claves para desenvolver unha estratexia de negocio sólida, atendendo a:
- Coñecer cal é o mercado potencial e saber como son os nosos clientes para vender a outros similares
- Identificar e captar clientes potenciales no entorno dixital
- Segmentar clientes e desenvolver unha comunicación enfocada ao engagement e conversión a ventas a través de CRM
- Plataformas de Marketing Automation
- Integración de cadros de mando para análise de resultados de campañas de captación
O aproveitamento destas ferramentas dixitais axudan a enriquecer a calidade do cliente ao que nos achegamos, o que redunda nun maior valor do cliente e, por tanto, unha mellora nos procesos de comercialización.
Moitas grazas ao Círculo por acollernos e a dinahosting polo patrocinio.