Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Filkers. Contido dixital diretamente desde o ecommerce
No afterwork deste mes tivemos a Jaime Casals, CEO e cofundador de Filkers.
Jaime introduciunos o entorno actual onde xa a maioría de empresas teñen presenza online, polo que agora o importante é facerse ver e posicionarse. E neste senso, e por onde tiraron ao plantexarse a creación desta nova ferramenta: Filkers
Con Filkers tes a posibilidade de crear contido online desde o teu ecommerce, en menos dun minuto. Xa teñas unha tenda online baixo Shopify, PrestaShop, WooCommerce ou Magento podes traballar con Filkers para xerar un contido online en formatos variados:
- vídeo
- gif
- poster
Filkers recolle toda a información das túas fichas de produto e convérteas en vídeo en menos dun minuto.
Actualmente dispoñen de 200 plantillas sobre as que facer os teus contidos, pero se ainda así queres algo máis, Filkers intégrase con Canva, así que terás moitas más plantillas a elixir.
Estes contidos podes levalos a todas as túas redes sociais ou calquera outra plataforma online, incluso a pantallas ubicadas nas túas tendas físicas.
Deixamosvos un vídeo no que se explica o proceso moi clariño.
Grazas Jaime por amosarnos unha ferramenta tan útil coma Filkers. Desexámosche moitos éxitos.
E por suposto grazas ao Cluster da Comunicación a axuda na organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio. E a Luis Antelo de PuntoGal polo seu traballo coma presentador.