skip to Main Content
D9baeaxwkaiszjl

Fortalece a túa presenza en LinkedIn para crear relacións de valor

Rosanna Blasi, Manager Enterprise de LinkedIn España, comezou falándonos da importancia de dispoñer dun perfil ben alimentado en LinkedIn para crear estratexias de social selling de valor.

Por onde empezar, preguntaraste? Nos seguintes párrafos resumirémosche os pasos clave que aprendemos durante o Congreso Flúor.

Por que é importante ter un perfil en LinkedIn?

LinkedIn reúne actualizacións e noticias de empresas e usuarios que che axudan a obter información para ter máis éxito nos teus negocios. Se falamos de números, ten actualmente máis de 630 millóns de usuarios en todo o mundo, 11 millóns en España.

En España hai 200.000 páxinas con perfil de empresa LinkedIn.

Por mes, LinkedIn rexistra de media máis de 150.000 publicacións e a nivel mundial, realízanse 2.000.000. Case nada.

Visión e misión

  • A visión de LinkedIn pasa por crear oportunidades económicas para cada membro.
  • A misión, conectar a todos os profesionais a nivel mundial e facelos máis produtivos e exitosos.

Desenvolve a túa marca personal en LinkedIn

Rosanna foinos dando os diferentes pasos para desenvolver a túa marca profesional nesta rede

1. Establece a túa marca dixital

É importante que fagas que o teu perfil estea visible para todo o mundo e que estea perfectamente cumprimentado.

Outro dos aspectos a valorar é que teñas o máximo de aptitudes validadas.

2. Busca ás persoas máis axeitadas

Se te dedicas ao sector do marketing e da comunicación, a meirande parte dos teus contactos deben pertencer a estes sectores.

Tamén é importante que LinkedIn teña claro que non fas colección de contactos, se non que os escolles cun criterio marcado. Non vai de teño moitos contactos, senón de xerar relacións de valor con cada un deles.

3. Interactúa con información de valor

Todo o que publiques debe ser útil para a túa rede de contactos, só así conseguirás ser relevante dentro da comunidade. Mídese a través das recomendacións, comentarios, compartidos e clics que teña a publicación.

4. Constrúe relacións

Fala, comenta, e comunícate cos teus contactos. Faite relevante dentro da túa comunidade e relaciónate cos líderes do teu sector.

Estes catro puntos refléxanse no chamado Índice de Social Selling ou Social Selling Index. Cada un destes factores ten unha puntuación que vai de 0 a 25, sendo 25 a mellor. Entre os 4 suman 100 puntos. Verás ademais que o SSI establece dúas comparacións, unha túa respecto ao teu sector e outra respecto á túa rede de contactos.

O Social Selling Index mide a eficacia coa que estableces a túa marca profesional, encontras ás persoas adecuadas, interactúas coa información e creas relacións.

LinkedIn

Checklist para ter un perfil de LinkedIn atractivo

  1. Elixe unha foto profesional
  2. Escribe un titular atractivo xusto debaixo do teu nome
  3. Escolle unha imaxe de fondo que te represente
  4. Fala sobre ti no extracto, do que che motiva, da túa traxectoria
  5. Actualiza o teu cargo actual
  6. Inclúe contido multimedia na túa folla de experiencias
  7. Personaliza o teu URL de perfil público para ter unha maior visibilidade
  8. Pide recomendacións a compañeiros de traballo, clientes, compañeiros de sector…

Estrutura dun InMail efectivo

Se queres escribir un correo ou mandar unha mensaxe privada a unha persoa que non é contacto, sigue estas indicacións que nos deu Rosanna:

  • Icebreak: fai unha chamada de atención personalizada, non mandes unha mensaxe ao uso
  • Introdución: explica quen eres e por que lle estás escribindo
  • Wow-factor: usa un conector, algo que che chame á atención da persoa á que lle estás escribindo para amosar o teu interese
  • Chamada á acción: inclúe unha acción clara, que é o obxecto do teu inMail

Como impulsar o uso das redes sociais e medir a rendabilidade da túa empresa?

  1. Establece obxectivos: determina a definición de éxito e usa LinkedIn de forma efectiva empezando polo teu perfil.
  2. Crea un plan: impulsa a cultura de social media awareness, educa a forza comercial e cerra a fenda entre venda e marketing.
  3. Traza os resultados: define as túas métricas; comunica os casos de éxito e mide a rendabilidade do proxecto.
  4. Seguimento e motivación: posiciónate como social leader cos teus empregados e celebra os éxitos.

Graciñas Rosanna por toda esta aprendizaxe. E agora, a aplicar o aprendido nos teus perfís de LinkedIn 🙂