skip to Main Content
Esports

Gamerswalk, a plataforma que achega os eSports ás marcas

Alex Rivas, Co CEO en Gamerswalk, transformou a súa paixón polos videoxogos no seu traballo. Experto en xestión de startups, desenvolvemento de aplicacións informáticas e  técnico en deseño gráfico e tipografía, a finais de 2016 fundou con tres socios e amigos, Gamerswalk: a única plataforma no mundo que gamifica a experiencia de xogadores e seguidores de eSports, un fenómeno mundial que arrasa entre millóns de espectadores en todo o mundo e move, tan só en Europa, máis de 260 millóns de euros, cunha previsión de crecemento anual do 14%.
Con estas cifras e con consumidores 100 % nativos dixitais, que marca se resiste a mostrarse no escenario dos eSports? Pero non vale facelo de calquera maneira porque, como en todos os canles, marcas e consumidores teñen que falar a mesma linguaxe e estar en sintonía para que o engagement sexa real e eficaz.
Descubre como sacalle o máximo rendemento á túa marca a través do mercado dos eSports, xogamos?