Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
I PREMIOS DA COMUNICACIÓN E DO MARKETING GALEGO
Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia foron creados polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia.
Nacen coa idea de pór en valor a calidade e o excelente traballo que se fai nesta nosa terra, co obxectivo de realzar a función da publicidade, o deseño, a edición, a impresión, o marketing, a comunicación… nas empresas e nas institucións galegas, e como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora; premios desde o sector, para o sector.
Os Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia celebran, o vindeiro 4 de novembro de 2016, a súa primeira edición