Onte celebramos unha desas sesións que deixan pegada. Xunto co Clúster do Ecommerce Galego, na…
IA xenerativa: a nova fronteira do márketing
A IA vainos sustituir? Non, vainos dar superpoderes!
Eso é o que nos quedou claro tras o obradoiro de IA xenerativa para marketers que organizamos xunto a Grupo Clave
O novo ecosistema do márketing con IA
A IA xa non é só “un chat que escribe”. No taller desglosamos o seu impacto en 4 eixos vitais para calquera departamento:
- Xeración de contido: desde copys publicitarios e posts para LinkedIn ata imaxes complexas e ideas de campaña en cuestión de segundos.
- Análise de datos: interpretación de métricas, creación de dashboards automáticos e extracción de insights que antes nos levaban días.
- Automatización: conexión de fluxos de traballo (workflows) entre ferramentas, chatbots e procesos que funcionan mentres dormes.
- Produtividade: resumos de reunións, investigación de mercados ultra rápida e xeración de informes executivos.
O arte de falar coa máquina: non é maxia, é enxeñaría de prompts
Unha das grandes aprendizaxes do obradorio foi que a calidade da IA depende 100% da calidade da instrución. Se queres obter resultados de nivel senior, aplica estos dous principios:
- Contexto total: non pidas “un post”. Pide: obxectivo + audiencia + ton + extensión + formato
- Exemplo: “Actúa coma un experto en márketing B2B e xera un post de LinkedIn claro, profesional e breve dirixido a CMOs sobre retención de talento”
- Reforzo positivo: indica explícitamente o rol e o estándar de calidade mellorará drasticamente o resultado.
- Dille á IA: “Xera unha resposta estruturada e estratéxica como o faría un consultor senior”
O “Tech Stack” de IA que debes coñecer
Pasamos da teoría á práctica revisando as ferramentas que están optimizando os procesos. Deixamosvos unha mostra do que vimos:
| Categoría | Ferramentas destacadas |
| Investigación e estratexia | NotebookLM, Claude |
| Automatización (no code) | Make.com, ManyChat |
| Contido visual | Freepik, Lovart |
| Análise de datos | Manus.ai, Screaming Frog |
| Xestión e Equipos | Granola.ai, Whisper |
Como funciona todo isto?
Para os máis frikis que queren entender a tecnoloxía behind the scene, recomendáronnos explorar este recurso visual: Transforme Explainer. É a forma mais sinxela de entender como os modelos de linguaxe “pensan”.
Conclusión: O momento é agora
A IA en márketing resúmese en tres palabras:
- Produtividade: facer máis en menos tempo.
- Creatividade: atacar ao folio en branco.
- Automatización: eliminar as tarefas repetitivas.
En Markea cremos que o futuro non é das máquinas, senon dos profesionais que saben usalas para aportar un valor humano diferencial.
Queremos agradecer ao Grupo Clave polo seu traballo para organizar este taller, facilitando que estas sesións foran un éxito.
E, por suposto, tamén aos nosos relatores: Javier Martínez, José Alcañiz e Iria Álvarez, por compartir a súa experiencia, as súas ferramentas favoritas e por tratar de guiarnos nesta viaxe da IA xenerativa.
E, por suposto, grazas a todas as persoas socias que participaron e aportaron a súa visión!
Vémonos na próxima formación!


