skip to Main Content
3

II Foro de Marketing e Vendas de Galicia

Na Cidade da Cultura tivo lugar o II Foro de Marketing e Vendas, organizado pola APD e Markea, que contou coa colaboración do Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia, Dircom, Creatividade Galega, e o patrocinio de Proximia.

Unha xornada de márketing con maiúsculas! De como millorar a experiencia do cliente aproveitando os datos que están na rede, de como podemos e debemos innovar na definición do produto a través do deseño industrial, dos novos xeitos de venda que se están a dar no mercado onde xa non hai diferenza entre o on e o off line…

Unha xornada que contou con profesionais de primeira orde que compartiron o seu coñecemento e profesionalidade para demostrar que Galicia está na vangarda do márketing a nivel mundial.