Se hai unha rede social onde os profesionais poden realmente destacar, conectar e influír, esa é LinkedIn. As claves da charla

Markea celebra o II Día do Marketing Galego (MarkeaFest)
O pasado sábado, 10 de maio, celebrouse a segunda edición do Día do Marketing Galego – MarkeaFest, unha xornada única de encontro e celebración para os entusiastas do marketing en Galicia, organizada por Markea, a Asociación Galega de Marketing. Un evento que se consolida como unha cita especial no calendario do sector, pensado para gozar, compartir e seguir aprendendo en comunidade.
O camiño do márketing
A xornada comezou cunha mini etapa do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata a Catedral, como símbolo do traxecto compartido polos profesionais do marketing.
Xa no corazón de Compostela, os participantes gozaron dunha visita guiada ás impresionantes cubertas da Catedral e á Torre da Carraca. Unha experiencia que, tras subir 140 chanzos, ofreceu vistas espectaculares da cidade e unha experiencia para recordar.
Inspiración, aprendizaxe e gastronomía
O xantar celebrouse no restaurante Marie Miner, onde, ademais dunha experiencia
gastronómica de altísimo nivel, as persoas asistentes puideron gozar dunha charla próxima e divertida a cargo de Sara Vega, directora de marketing de Fnac, que compartiu sen filtros algunhas das “miserias do marketing”, provocando risas e reflexións a partes iguais.
A xornada rematou no pub Lucille, cunha copa na man, bo ambiente e moitas ganas de
seguir construíndo comunidade.
Unha comunidade viva
Como recordo do día, cada persoa participante levou unha cuncha personalizada do evento e unha tote bag cortesía de O Camiño con Correos. Un xesto simbólico que reforza o espírito do evento: seguir camiñando xuntas e xuntos, compartindo coñecemento, experiencias e apoio mutuo entre os profesionais do marketing galego.
Colaboradores que fan camiño
Queremos agradecer especialmente a Ahao Studio, responsable do deseño gráfico do
evento; e a Miraveo, por captar todos os momentos vividos no noso día. Grazas tamén a
todas as persoas que, co seu entusiasmo, fan do MarkeaFest algo máis ca un evento: unha comunidade.










