Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
Inbound Marketing: Atraer para conectar, vender ou namorar
Os equipos de Marketing enfrentámonos cada día ao reto de conectar co usuario nun escenario cada vez máis complexo: máis canles, máis datos, máis inmediatez. Incrementar inversións publicitarias sen retorno deixando de ser a solución. No Afterwork que tivo lugar no Clube Financeiro Atlántico coñecimos unha nova vía para conectar co público obxectivo sen imposicións: Inbound Marketing.
A directora de Comunicación e Contidos de BySidecar, Susana Evangelista, contounos como, a través da xeración de contido relevante e de calidade, podemos atraer a potenciais clientes e nutrir a nosa relación con eles ata convertilos en embaixadores da nosa marca.
As claves? Traballar as buyer personas para poñer “nome e apelido” ao noso target; adecuar cada contido ás necesidades que ten o usuario en cada etapa da relación coa nosa marca e fidelizalo con comunicacións periódicas de interés.
As ferramentas? Susana Evangelista trasladounos a experiencia de BySidecar traballando como partner de referencia en Galicia da ferramenta líder no mercado de Inbound Marketing, HubSpot. A plataforma permítenos centralizar todas as tareas de marketing nun único espazo e proporciona autonomía aos equipos de marketing para realizar os seus propios desenvolvementos e medir toda a traza do cliente en relación coa marca.