skip to Main Content

Os marketeiros galegos, entre os máis optimistas de España para 2025

Segundo a última edición do Índice de Expectativas dos Directores de Marketing (IEDM), elaborada pola Asociación de Marketing de España (AMKT) e a consultora GfK, os profesionais do marketing en Galicia destacan como algúns dos máis optimistas do país. Cun 20% dos responsables de marketing declarando unha mellora nas súas perspectivas fronte a seis meses atrás e un 70% mantendo unha visión estable, Galicia amosa un panorama alentador para o primeiro semestre de 2025.

Este optimismo tradúcese nun crecemento destacado das expectativas de vendas propias, que superan as do mesmo periodo de 2024, e unha “inxección importante de inversión publicitaria” que será clave para impulsar o dinamismo do mercado na comunidade.

Desafíos globais no horizonte

Malia ao panorama positivo, os directores de marketing en Galicia manteñen a mirada atenta a factores globais como a evolución da economía europea, o impacto de fenómenos climáticos e os cambios políticos internacionais, que poderían influir nas súas estratexias ao longo do 2025.

Desde Markea celébrase este optimismo e reafírmase o compromiso de seguir impulsando o sector, fomentando a excelencia e o posicionamento das marcas galegas como referentes en innovación.

Ver resultados globais

Ver resultados aplicados a Galicia