O martes tivemos a oportunidade de escoitar a Fran Muiños, no Club Financiero Atlántico. Falounos de como os chatbots están presentes xa na nosa vida e de como as marcas aprenden a utilizalos e incluirlles intelixencia artificial (IA). O obxectivo é que ademais de contestar preguntas simples, vaian aprendendo con cada interacción.
Muiños tamén incidiu na importancia dun bo chatbot para que non se produzan incongruencias como as que podemos encontrar en empresas tan coñecidas, como por exemplo New York Times (tras dar a baixa do servizo de suscripción, inmediatamente pregúntache se queres suscribirte).
Os chatbots están evolucionando, como diciamos o principio e agora aprenden porque levan un motor de intelixencia artificial. Este motor precisa de moitos datos de partida para poder dar cada vez mellores respostas ás peticions dos usuarios. Por isto, é indispensable a dixitalización das empresas.
Afterwork Markea Chatbots&IA
Fran comentounos tamén que isto da IA xa vén de lonxe, concretamente dos anos 50 do século pasado, cando Alan Turing desenvolveu o machine learning ou do Deep Blue (o ordenador que xogou o xadrez contra Kasparov e lle gañou).
A automatización axuda a coñecer o teu cliente moi ben e a definir accións específicas para cada un deles. “A xente xa non busca información nas webs, senón que pregunta o que necesita a través das canles sociais” di Fran Muiños.
Mostrounos múltiples exemplos de chatbots que están a funcionar na actualidade e que utilizan intelixencia artificial: H&M, Sephora, Levi’s, Nike, etc.
E para rematar, Fran Muiños explicounos que o avance dos chatbots vén motivado pola elevada taxa de abandono do carriño da compra nos ecommerce. Estímase que o ano pasado producironse $4 trillóns de perdas por esta razón. Pola contra, agárdase que no 2020, os beneficios polo uso dos chatbots sexan de $600 billóns.
No ano 2017, o 34% das grandes marcas usaban ou ían usar chatbots. Namentres que no 2020 esta porcentaxe será do 80%.
Queda claro que os chatbots son e serán unha ferramenta moi importante para as marcas, e que a IA fainos moito mais eficaces ademais de que conseguen reducir custes.”
Utilizamos diferentes tipos de cookies para optimizar o noso sitio web. Recomendámosche aceptar tamén as cookies analíticas e de personalización para unha mellor experiencia de navegación e mellorar os nosos servizos
Funcionais
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estrictamente necesario para o propósito lexítimo de habilitar o uso dun servizo específico solicitado explicitamente polo suscritor ou usuario, ou para o único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
De personalización
O almacenamento técnico ou o acceso son necesarios para o propósito lexítimo de almacenar preferencias que non son solicitadas polo suscritor ou o usuario.
Analíticas
O almacenamento técnico ou acceso que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet, o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo para este propósito no puede generalmente ser utilizada para identificarlo.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou a través de varios sitios web con fins de marketing similares.