Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Interbrand presentouse na Coruña
Hai duas semáns presentouse na Coruña, por primeira vez, o estudo de Interbrand deste ano, “Activate Brand”. Esto non é unha casualidade, xa que unha das marcas que aparecen no top 100 é Galega: Zara.
O evento comezou cunha breve presentación de Natalia Barros Sánchez, do IGAPE, quen puxo en valor a necesidade de que as marcas invirtan no seu branding como aspecto importante das suas estratexias, de cara a mellorar a sua competitividade, e sinalou a posición de Zara no ranking.
Posteriormente, Nancy Villanueva, Managing Director de Interbrand, falounos da evolución do branding de cómo nos anos 50-60 falábase de identidade, nos 70-80 de valor de marca, nos 90 e 2000 da experiencia “Age of experience” e que ahora estamos noutra etapa deste camiño, que nomean “Age of you” (personalización), ainda que moitas empresas estean todavía desenvolvendo a sua actividade na edade da experiencia.
Inistiu tamén Nancy, na importancia de invertir no coñecemento dos nosos clientes, e deunos 5 preguntas clave para pensar:
1- En qué crees e por qué loitas? Cal é a tua promesa de marca?
2- Cánto realmente queres ao teu equipo? Canto mais, mellor, porque eles farán de embaixadores da marca.
3- Cómo de ben coñeces o mundo do teu cliente?
4- Estás disposto a construir unha casa de cristal? (Transparencia)
5- Cal é o teu próximo movemento icónico?
Tras a sua introducción, presentounos a Eduardo Iñiguez, quen pasou a presentarnos o estudo en sí, onde puidemos atopar duas marcas españolas: Zara y Santander.
Eduardo explicounos os criterios que utilizan para elexir as marcas que entran a ser valoradas no estudo. Tamén nos fixo un percorrido por datos que confirman a importancia da marca no valor das empresas, chegando incluso a afirmar que “o valor da marca representa o 40% do valor dunha empresa”, mostrándonos gráficos nos que puidemos observar que a marca axuda a non caer nas épocas de crisis e a crecer mais nas épocas boas.
Pero, o importante deste estudo é o que podemos aprender destas marcas líderes, que según Eduardo céntrase na sua valentaía no só para adaptarse ao cambio se non para intervir nese futuro, pasando á acción.
Para termiñar o encontro, Nancy entrevistou a Jose Cabanas, CMO de Hijos de Rivera e socio de Markea.
Para comezar, contounos Nancy, que Estrella Galicia, atópase no posto 30 do ranking que Interbrand elabora só con empresas españolas. Na charla, Nancy fixo xunto con Cabanas un percorrido por distintos aspectos da marca, facendo un breve repaso e comentando a actualidade da mesma. Falaron da internacionalización da marca, ao que Cabanas comentou “estamos en chandal, entrenando e empezando… so fai 15 anos que cruzamos o telón de grelos”. Falounos tamén do uso do product placement como ferramenta de marketing e outras accions.
Sen dúbida, un evento moi enriquecedor, no que constatamos o valor da marca.
Grazas a Interbrand, a Jose Cabanas, ao Igape, ao Club Financiero Atlántico e a todos os asistentes.