skip to Main Content
Whatsapp Image 2019 03 29 At 10.51.44

IV Panel de Marketing de Galicia

No mes de marzo presentamos o IV Panel de Marketing Galicia, grazas á colaboración de Avante, iuni e Markea. Este panel xurdiu no ano 2014 co obxetivo de analizar o comportamento dos departamentos e directores de marketing da nosa terra, como explicou o noso presidente Xosé Luis Reza.

Xose Luis Reza, presidente de Markea
Xose Luis Reza, presidente de Markea

Antes de presentar os resultados do estudo tivemos a oportunidade de escoitar a Xose Manuel Merelles, dirCom da Axencia de Turismo de Galicia, e a Vilma Otero, directora de Marketing de Cenor. Contáronos de como co seu traballo fan que o marketing e a comunicación en Galicia gocen da mellor saúde posible, aportando o seu granciño de area.

Xose Manuel Merelles, Axencia de Turismo de Galicia
Vilma Otero, Cenor

Presentación do Panel

Beatriz Pereira, CEO de iuni, comezou contándonos os obxetivos deste panel no que participaron 50 Directores de Marketing e Comunicación das principais empresas de Galicia, aos que agradeceu a súa colaboración. Buscábase coñecer:

– A percepción da situación actual do sector en España e Galicia
– A organización e estrutura dos departamentos de marketing
– As actividades de marketing realizadas en 2018 e as previstas para o 2019
– A inversión realizada en medios en 2018 e a prevista para 2019
– As mellores campañas publicitarias e accións de marketing galego

Bea foi desgranando pasiño a pasiño os datos acadados, para rematar coas seguintes conclusións:

  • Percepción dunha situación de estabilidade e previsións optimistas, sobre todo en Galicia fronte á situación nacional.
  • A actividade de marketing máis relevante segue a ser o lanzamento de novos produtos, seguido da investigación de mercados, implantación en novos mercados e creación de marcas.
  • Con respeto a anterior edición do panel (2016), as actividades de marketing que máis creceron foron: a creación de novos formatos de presentación de produto, a creación ou modificación de marcas, etc. que ademais foron decisións que na súa maioría partiron de departamentos de marketing.
  • Para 2019 espérase un aumento de inversión en case todos os formatos online.
  • As mellores campañas de 2018, segundo os marketeros galegos foron, nesta orde:
    • “Una historia diferente” – Estrella Galicia
    • “Sin bigote, Vicente no es del Bosque” – Pescanova
    • “Tenemos que vernos más” – Ruavieja
    • “Dentro de nós” – Abanca
    • “Bacalao islandés con acento gallego” – Froitomar

Se queredes ver o estudo ao completo, facede clic aquí