Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Longa vida á comunicación e o marketing. Así foron os III Premios Paraugas
O pasado venres celebramos en Expourense os III Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia, organizados polo Cluster da Comunicación Gráfica. Case cincocentas persoas asistiron á gala, que durou ao redor de tres horas, nas que se deron cita os principais representantes do sector da comunicación e mailo marketing de Galicia.
A festa foi inaugurada polo Conselleiro de Economía, Francisco Conde, que recordou a memoria do recentemente falecido José Manuel Pérez Canal. De seguida, deu paso ao merecidísimo premio especial entregado por Executivas de Galicia a Adriana Domínguez, conselleira delegada de Adolfo Domínguez.
Entre as máis de 250 candidaturas presentadas e os 53 finalistas clasificados, os gañadores das seis categorías neste 2018 foron:
Edición
- Mellor Libro: DRIFT. Gráficas Anduriña, SCG
- Mellor Catálogo Publicitario: Losán: Catálogo Melaminas 2018. Tórculo Comunicación Gráfica
Impresión Dixital (Premios HP Índigo)
- Mellor Etiqueta Impresa en Tecnoloxía Índigo: Buenavida. Coreti
- Mellor Traballo Comercial impreso con Tecnoloxía Índigo: Rara Avis. Campus na Nube
Deseño (Premios GAIN)
- Mellor Deseño Gráfico: Identidad gráfica Fundación Arquitectura y Sociedad. Desescribir
- Mellor Deseño Industrial: Natur Hall. Cenlitrosmetrocadrado
- Mellor Deseño Dixital: Páxina web de Pepe Viera. Desoños
Creatividade (Premios BySidecar)
- Mellor Creatividade Gráfica: Circus. Iconweb
- Mellor Creatividade Audiovisual: “Islandia” Froitomar. Reclam
- Mellor Creatividade no uso dos Medios: El robo del siglo. Hijos de Rivera S.A.U.
Marketing Dixital (Premios TAC)
- Mellor Estratexia Dixital: Estratexia dixital data driven para Central Lechera Asturiana. BySidecar
- Mellor Proxecto de Negocio Dixital: Estratexia integral de captación online para Evo Banco. BySidecar
- Mellor Proxecto de Social Media: Marketing de Influencers – Desenvídiate. Roi Scroll
Comunicación (Premios Iberinform)
- Mellor Estratexia de Comunicación Externa: Encendemos Sutega. Quattro idcp
- Mellor Estratexia de Comunicación Interna: Premios Rodolfo de Comunicación Interna. Grupo Nueva Pescanova
- Mellor Práctica na Comunicación da RSE: Campañas RSC da CRTVG. CRTVG
Marketing (Premios Avante)
- Mellor Estratexia/Acción de Branding: Os Xoves de Códax. Bodegas Martín Códax
- Mellor Acción Relación/Escoita ao Cliente: Dixital Marineda City. Marineda City
- Mellor Estratexia/Acción de Produto: Estrella Galicia Fábrica de Cervezas / Percebes. Tony Le Brand
Durante o acto de entrega de premios foron homenaxeados ademais Jacobo Bermejo, CEO de Tórculo Comunicación Gráfica, e Carmen Fernández, directora de relacións institucionais de Mercadona para Galicia, Asturias e Cantabria. O publicista Toni Segarra -único español na lista das 100 top creative minds da revista Shots e unha das 25 persoas máis influíntes de España segundo a revista Forbes-, e o marketiniano Marcos de Quinto -ex-vicepresidente executivo e responsable mundial de marketing de Coca-Cola. As súas dúas entrevistas puxeron o broche de ouro ao 6º Foro da Comunicación que tivo lugar ao longo do día, e tamén recibiron un distinguido recoñecemento pola súa traxectoria profesional.