Unha vintena de persoas asociadas a Markea coñecimos as instalacións da Corporación Radio Televisión de Galicia en San Marcos.
María Abad, de TeamLeader “É fundamental que a túa empresa teña alma”
Onte en Compostela disfrutamos dun apaixonante afterwork en compañía de María Abad, Marketing Manager da startup belga TeamLeader.
María contounos a importancia de que as empresas actuais estean orientadas ao cliente e o poñan no centro de todas as operacións. A través de enquisas, da recollida de feedback e incluso de encontros presenciais, podemos coñecelo e saber que lle preocupa e interesa.
Poñer ao cliente no centro das nosas operacións é útil e rendible. Segundo os datos, un 81% dos clientes satisfeitos repiten as súas compras e un 55% toman decisións guiándose polas recomendacións. As empresas CEX (Customer Experience ou Centric) son un 60% máis rendibles que as que non practican.
Para namorar ao noso cliente dixital, temos que seguir estes catro consellos:
- Empeza cun por que? Tes que preguntarte o porqué da túa empresa. Que vendes? Innovación, deseño, RSC… Tes que telo moi claro.
- Coñece ao teu cliente como a palma da túa man. Para iso unha importante ferramenta son os Buyer Persona. Trátanse dunha representación semi-ficticia do noso consumidor final ou potencial construída en base aos seus gustos, necesidades, motivacións, comportamentos…
- Facer que o noso cliente pase de ser un estrano a un embaixador. Para alcanzar isto temos que saber a viaxe que fixo connosco e ter marcados os momentos da verdade.
- Por último, centrarnos nos nosos clientes internos, os nosos empregados. Como di Simon Senek “os clientes non se namorarán da túa empresa mentres os empregados non estean namorados” e iso consígueno principalmente as empresas con alma.