O venres 27 de outubro tivemos a sorte de percorrer as instalacións desta gran empresa…

Celebramos unha nova asemblea de Markea
Tiñamos moitas ganas de festexar, de reencontrarnos todos os asociados sen máscara, e que mellor motivo que facelo co aniversario de Markea. Coa asemblea anual daremos comezo a un novo ano cheo de festexos polo noso décimo aniversario.
A xornada comezou polas 14.30h da tarde, onde aproveitamos para falar uns cos outros, tomar uns petiscos e facer actividades conxuntas: un quebracabezas, un minigolf e un xogo de fíos, conducido por Salvador Corrotto de Silman 97. Todo isto serviunos para romper o xeo e para facer equipo. O enclave non puido ser mellor, o claustro do Hotel San Francisco en Santiago de Compostela.



A continuación desfrutamos dun bo xantar. No momento do postre, Xose Luis Reza, ex presidente, e Pepe Cabanas, actual presidente soplaron as velas do noso décimo aniversario.



Actividade de Markea durante 2022
Despois diso, presentamos as contas anuais e o traballo da nova directiva encabezada por Pepe Cabanas, Lucía González, Yago Díaz, Loly Martínez, Javier Fernández e Juan Carlos Silva. Aproveitamos para facer un repaso completo de todo o realizado no 2022, un ano de transición:
- Campaña bianual de publicidade de Markea, realizada en colaboración con Avante Evolumedia e Closet Comunicación
- Congreso de Marketing e Vendas, en colaboración con APD
- Presentación do logo do décimo aniversario, feito polos compañeiros de Quattro IDCP
- Afterworks online organizados xunto co Cluster da Comunicación
- Visitas a empresas, como Marine Instruments, Martin Códax e Cafés Candelas
- E outros eventos onde aportamos o noso granciño de area, como o Congreso Flúor, os Premios Paraugas, Simbióticos de Creatividade Galega, etc
Ademais, tamén presentamos os resultados da enquisa onde participáchedes todos. Moi interesante coñecer a vosa opinión sobre o devir de Markea.
E temos todo isto preparado para o 2023
Tamén quixemos compartir todos os plans para o 2023. Queremos seguir facendo actividade interna cos afterworks e visitas a empresas; apostar pola formación; estender o coñecemento de Markea noutros clusters, asociacións e agrupacións máis aló do marketing.
Ademais, celebraremos o noso décimo aniversario, polo que faremos un maior esforzo en difundir toda a nosa actividade en medios, facer máis actividades, xestionar notas de prensa e velar pola imaxe de Markea.
Para poder impulsar máis sinerxias máis aló dos eventos presenciais, temos pensado crear un grupo de Linkedin e unha Intranet. E tamén queremos dixitalizar a asociación, que nos axudará a xestionar moito mellor a comunicación con todos vós.
Agasallos, moitas grazas!
E por último, agradecer a todas as marcas que fixeron posible que tiveramos unha cesta de Nadal do melloriño de Galicia:
- Tac Tac, unha bonita bufanda
- Tórculo, libreta personalizada
- Pepe Vieira, pulseiriña e melindres
- Torre de Núñez, xamón
- Grupo Cuevas, marrón glacé
- Cafés Candelas, café orgánico
- Galicia Calidade, licores
- Clun, leite Feiraco
- Estrella Galicia, cervexas
- Vegalsa, ticket de desconto
- Froiz, froitos secos e chocolate
- Galifresh, puré de froitas
- Frinsa, conservas
- Zelnova, cremas e toalliñas para o lavado
- Piratas de Nabia, desconto para viaxar ás illas
- Libro da FNAC

Graciñas a todos por asistir e colaborar. Vémonos no 2023!