skip to Main Content

A expectativa de investimento en marketing medra neste segundo semestre do 2024

Hai uns días coñeciamos os resultados da enquisa elaborada por AMKT (a Asociación de Marketing de España), en colaboración con Markea e GFK, onde se miden as expectativas dos directores e directoras de Marketing sobre o sector. Nesta enquisa, os e as socias de Markea puideron facer previsións do sector para este segundo semestre do 2024, e comparar os resultados en relación ao primeiro semestre. Deixámosche o resumo correspondente ás cifras do primeiro semestre.

A enquisa respondía ás seguintes cuestións:

  • Índices xerais e factores cualitativos
  • Actividades de marketing
  • Transformación dixital
  • Expectativas económicas

En xeral, as persoas directoras de marketing en Galicia valoran un crecemento das expectativas de vendas propias por riba do primeiro semestre de 2024 e coidan que os investimentos en marketing tamén medrarán. E os resultados tamén indican unha lixeira redución do pesimismo para o segundo semestre de 2024.

Previsións para o segundo semestre do 2024

En xeral, as directoras e directores de marketing galegos son optimistas e coidan que haberá unha estabilización da inversión publicitaria.

As persoas enquistadas, tanto a nivel nacional como galego, responderon en relación ás ventas propias, inversión publicitaria e mercado. Así, se a media total nacional en canto a ventas propias se sitúa en nun crecemento do 3,5%, en Galicia somos un pouquiño máis optimistas indicando un 3,8%. En canto á inversión publicitaria, aquí os resultados son máis diferenciadores, situándose a media nacional nun +0,5% pero a galega en +2,8%. Finalmente, en relación ao crecemento do mercado, en Galicia pensamos que este segundo semestre medrará nun 1,2% situándose a media nacional en 2,2%.

IEDM segundo semestre 2024 markea

Factores cualitativos: impacto da coxuntura nos CMO

As empresas pechan lixeiramente mellor do previsto e amosan unha maior certidume e resultados dentro das previsións. Dentro da media nacional, un 18,6% das persoas enquistadas son máis optimistas que no semestre pasado, un 34,2% indican que a situación se mantén igual e un 47,2% son máis pesimistas.

En Galicia, un 28% é agora máis pesimista do que o era 6 meses atrás e un 24% máis
optimista
. Un 48% amósase neutral. Un 35% declara un peche do primeiro semestre
mellor do esperado e un 26% peor.

Expectativas da inversión, estratexias preferidas polas empresas e principais tendencias

Os CMO galegos indican que o crecemento nos investimentos en marketing se situará nun +4,8%. Se no ano 2023 as persoas enquistadas galegas indicaban que o orzamento de marketing sobre a facturación da empresa representaba un 6,7%, para este segundo semestre do 2024 indican que este presuposto medrou ata o 9,3%.

IEDM segundo semestre 2024 markea

Estes presupostos son lixeiramente superiores aos obtidos para o total nacional [7,5%] e ao benchmark que ofrece Gartner a nivel global [7,7%], dentro de umbrais adecuados.

En canto ás partidas orzamentarias, as persoas galegas enquistadas declaran que son os eventos e os puntos de venta físicos os que levan maior presuposto. Séguenlle as promocións. Sobre as áreas ás que destinamos menos orzamento, están o ecommerce ou retail media, medios propios e a investigación e consultoría.

IEDM segundo semestre 2024 markea

Se preguntamos polas tendencias que van despuntar neste 2024, no top 3 está a Intelixencia Artificial, a Experiencia de cliente (omnicanalidade) e a personalización. v

IEDM segundo semestre 2024 markea

Medios online e offline

Un 35% das persoas enquistadas indican que destinarán máis dun 40% dos seus investimentos a medios online neste segundo semestre do 2024. Hai 6 meses esta cifra era inferior, representando só o 18% das persoas enquistadas.

Se analizamos o peso das vendas totais e aquelas procedentes de ecommerces, un 74% dos enquistados responden que as vendas por ecommerce representan menos do 5% do total, e só un 4% dos enquistados indican que son máis do 80% as que veñen do ecommerce.

Un 37% das persoas enquistadas amósase satisfeita ou moi satisfeita coas vendas procedentes do canal online e un 63% está pouco ou nada contento.

IEDM segundo semestre 2024 markea

Expectativas económicas

O 39% considera que a situación económica do país é agora mellor, mentres un 30% percíbea peor. Tendencia á neutralidade e á estabilidade no sentimento e á valoración cualitativa das previsións económicas.

Sobre os factores que impactan na actividade do marketing, a inflación, a previsión do crecemento económico en España e a variación dos tipos de interese están de primeiras.

IEDM segundo semestre 2024 markea

Se comparamos os resultados nacionais e os galegos, as persoas enquistadas galegas somos máis optimistas en canto aos investimentos en marketing e a inversión publicitaria, e somos máis pesimistas sobre a expectativa da evolución do mercado.

IEDM segundo semestre 2024 markea