skip to Main Content
Appm E Markea Colaboración

Markea e APPM asinan un acordo para potenciar a colaboración entre empresas galegas e portuguesas

O pasado venres 24 de setembro asinamos un acordo de colaboración coa Associação Portuguesa de Profissionais de Marketing (APPM), co obxectivo de potenciar as relacións entre empresas galegas e portuguesas a través dos seus departamentos de marketing.

appm e markea colaboración
Img 20210924 170846

Os presidentes de ambas asociacións, Xose Luis Reza, por parte de Markea, e Carlos Sá, de APPM amosáronse moi satisfeitos coa sinatura deste convenio, que beneficiará ampliamente aos seus asociados e ás empresas representadas.

Este acordo inclúe o intercambio e desenvolvemento de actividades conxuntas entre ambas asociacións, a visibilización dos profesionais galegos e portugueses en eventos organizados por Markea e APPM e a colaboración en estudos e investigacións de interese mutuo na área de marketing para contribuír ao fortalecemento de todo o sector.

markea e appm colaboración

markea e appm colaboración

O acto da sinatura produciuse nas bodegas Martín Códax, situadas en Cambados. Os socios de Markea puideron desfrutar primeiramente dunha masterclass a cargo de Carlos Sá, que deu conta das reviravoltas do sector do marketing en Portugal e invitou aos profesionais galegos a estreitar lazos e a colaborar cos seus socios portugueses.

Xose Luis Reza afirmou que “Temos moito que aprender dos nosos irmáns marketinianos e este acuerdo serviranos para acercarnos a un país que está moi preto pero do que sabemos pouco. É unha grande oportunidade para nós como profesionais, e para as nosas empresas dun e doutro lado da raia”.

Xusto ao terminar a charla, puidemos desfrutar dun paseo en catamarán polas Rías Baixas, amenizado con música en directo.

markea e appm colaboración

Encantaríanos agradecer a Marta Burdiel e ás Bodegas Martín Códax pola acollida. Por moitas máis veces.