Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Markea axuda na estratexia de Tierra de Hombres en Galicia
Nos últimos meses creouse un equipo de traballo -no que participa o Delegado en Galicia da ONG, Raul Besada, os creativos Julián Abad e Carlos Álvarez, e o noso presidente Xosé Luis Reza- para lograr definir un novo producto que axude á ONG na búsqueda de novas vías de financiación.
Resultado deste traballo e da maravillosa mente creativa de Julián e Carlos, creouse unha nova marca e un novo concepto: Wonderkids Stickers. Un conxunto de pegatinas, de venta en farmacias, para que os máis pequenos adoiten hábitos saudables a través de pequenos xogos: tomar vitaminas, lavar os dentes, comer verduras…
Cun pequeno coste de 1€ por blister, a recadación desta campaña destínase integramente ao programa ‘Viaje hacia la Vida’ de Tierra de Hombres. Éste consiste en traer a nenos africanos a operar á España de graves dolencias que no seu país de orixe son inoperables.
Nesta primeira fase piloto xa participan 10 farmacias da provincia da Coruña, posto que nela tamén colabora Cofaga e o Colexio Oficial de Farmaceuticos da Coruña, coa idea de facelo extensivo ao resto da provincia en Setembro.