skip to Main Content
Ecomfashion18&markea

Markea en el #Ecomfashion 2018

A xornada comezou  coa introducción de Pablo F. Domínguez (iuni) explicando dende un punto de vista do marketing, cómo se pon en marcha unha idea, para logo presentarnos duas marcas emerxentes galegas, da man das suas creadoras. Por un lado, Lara Herranz contounos cómo IDAWEN quere ser o pret-a-porter da moda deportiva, aportando atributos de alta calidade dos tecidos e a confección e pola sostibilidad presente en todo o proceso. Defínense como marca vegana. Por outra banda, Carmen Louzao e Tania Aira nos presentaron ALAZIA COUTURE, unha marca de moda feminina sostible que busca tecidos naturais e novedosos para ofrecer un producto de calidade.

Logo de coñecer estas experiencias tan interesantes, tivemos a oportunidade de escoitar a Carmen Fernández (Cluster Turismo de Galicia) e a Marcos Mosteiro (experto en Retail, Profeseor do IE) falando do turismo de compras. Contáronnos cousas como que en España aumentou un 26% o turismo de compras no último ano, convirtíndose no segundo país que mais crece no mundo, só por detrás de Xapón, ainda que non somos identificados por elo. Tamén aumentou o gasto medio por procedencia (os que mais gastan en España son os visitantes de Hong Kong – 1.059€ na sua visita), e o volumen de compra por procedencia (China e Rusia os que mais compran). Pero, o mais salientable é onde gastan mais os turistas que nos visitan: en moda e complementos, un 55%!!

Tras un descanso no que puidemos coñecer diversas marcas locais no Market Atlántico, e ata probalas, chegou o turno de Alberto Rocha (presidente do Cluster do Textil) para contarnos que a situación actual do textil galego é espectacular así como o seu crecemento. Contounos que o feito de que os centros de decisión estén en Galicia, é unha ventaxa competitiva. Somos a rexión que máis exporta e máis crece do país. A ropa galega vendese en mercados punteiros como Francia, Italia, Alemania,… E terminou dicindo que Galicia pode ser unha meca para a creación de empresas en este sector.

Rocha deu paso a Mario Ávila (DirCom de Adolfo Domínguez), quen fixo un repaso pola historia da marca. Comezou explicando que Adolfo Domínguez foi a marca da inmensa minoría con inquedanzas intelectuais, e queren recuperar esa filosofía coa que celebraban a beleza da imperfección (“la arruga es bella”). Para esta nova etapa de volta as orixes, o seus obxectivos pasan por reforzar a sua identidade de marca con campañas específicas, aumentar o engagement, ampliar o target dende as redes sociais, potenciar novos valores (participación dos empleados), renovar as tendas e revisar esas orixes. E dicir, queren cambiar a marca por dentro para camabiala por fora.

Para rematar a mañán, o noso presidente Xose Luis Reza (Markea) trouxonos un tema candente: os influencers, para o que contou con Alejandro Domínguez (Director Dixital de Apple Tree) para adentrarnos neste mundo. Alex explicounos os diferentes tipos de influencers que podémonos encontrar: celebrities, influencers e microinfluencers, que son a tendencia actual. Tamén nos contou os beneficios de traballar con eles: notoriedade de marca, creación de contenido auténtico, xerar imaxe, xerar, ventas, conectar con target de manera emocional e impulsar comunidades de prescriptores; pero dí Alex que para para ter éxito, hay que cederlles o control en gran medida. Por eso, o máis importante é elixir ben os influencers idóneos para a tua marca e non controlar o que comparten, para que esas “conversacións” sexan o mais naturais posibles.

E con esto, rematou unha mañá moi intensa e produtiva.