skip to Main Content
Img 20200124 Wa0022

Markea visita a Casa Grande de Xanceda

A tarde do venres visitamos as instalacións da Casa Grande de Xanceda, convidados pola súa Directora de Marketing, Jessica Rey.

Puidemos visitar as instalacións da granxa ecolóxica, unha contorna preciosa e un exemplo de modelo de negocio que fai da sostibilidade e do desenvolvemento rural unha forma de presentarse ao mercado.

E para completar a tarde tivemos nas mesmas instalacións un obradoiro con Sonia Varela, a voz das principais compañías españolas: Iberia e Renfe e tamén estranxeiras, como Google ou Microsoft. Explicounos a importancia da voz como un elemento clave para trasladar a nosa promesa de valor aos nosos diferentes públicos: internos, clientes ou provedores.

Graciñas a Jessica e Sonia por ser unhas anfitrionas de luxo e facer que a tarde do venres se nos pasara voando.

Deixámosvos unha galería de imaxes coas fotos da xornada 🙂