O venres 12 de decembro, data na que cumprimos exactamente 13 anos de andaina, celebramos a nosa tradicional comida de Nadal
Markea visita a Escola Universitaria de Deseño Industrial
O venres pasado tivemos a oportunidade de coñecer en primeira persoa a labor que están levando a cabo a xente da Escola Universitaria de Deseño Industrial. Un verdadeiro luxo e xerme de talento galego que triunfa a nivel mundial. Qué gusto escoitar a un profesor universitario falar de orientación ao cliente, de análise de tendencias, dos valores de marca, de entender á empresa… de que o que se faga sexa vendible.
