Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Markea visita EVO, o Voice Bank
Onte tivemos a oportunidade de coñecer en primeira persona, e da mán do seu propio CEO, Enrique Tellado, o primeiro Voice Bank do mundo. Enrique, contounos que é un apaixoado da innovación e eso se traslada ao seu traballo, convertendo a EVO no banco mais innovador do panorama nacional. Dixo tamén que a pesar da sua corta andanza (5 anos), EVO xa vai pola sua terceira etapa, na que a marca é mais forte que o contido e eso conseguirono polos seus clientes/embaixadores de marca.
EVO é marketing e innovación en estado puro. Cun posicionamento único, totalmente disruptivo, onde o cliente é o centro de todo, de verdade. EVO é o banco con NPS mais alto do país (Net Promoter Score: indicador do grado de lealtad dos clientes por unha marca). Carlos Oliveira, Director Corporativo de Customer Lab, di que fan banca épica. Que son un banco que non quere parecerse a un banco, onde os clientes son o foco de todo, hai unha visión transversal end to end. É o primeiro banco que ten un laboratorio de cliente.
Carlos explicounos cómo abordan a creación de produtos, onde o cliente é o exe central e o seu redor traballan casi coma unha start up, con un time to market dun máximo de 60 días, e que tenñen unha comunidade de beta testers que proban o produto, suxiren funcionalidades e incluso propoñen o naming. Todo elo seguindo a suas tres premisas básicas: Transparencia + Innovación + Sencillez.
Javi González e Pedro González fixeronnos ademais unha demostración do EVO Assistant, co que o cliente poderá facer calqueira operación co banco, sempre desde dispositivos móviles. Por exemplo, podes coñecer o saldo que tes na conta, contratar unha tarxeta, facer transferencias, enviar diñeiro a alguén que teñas na tua axenda do móvil, etc. Ábrese un mundo de posibilidades.
Grazas Paz por exercer de anfitriona e de delegada de Markea en Madrid e grazas equipo de EVO por prestarnos o voso prezado tempo. Noraboa!