Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Markea visita Rodman
Nunha xornada inovildable, María Herrero, a nosa compañeira e Directora de Marketing de Rodman, convidounos a visitar e coñecer polo miudo unha das grandes compañías do noso país, un dos referentes máis relevantes dun sector tan galego como o da construcción naval.
Visitamos o astilleiro, coñecemos como son os procesos de producción, e tivemos a oportunidade de visitar diferentes embarcacións que están a punto de ser entregadas. Iates, embarcacións de recreo, patrulleiras, catamaráns de pasaxeiros… de entre 10 e 60m de eslora.
Despois dunha agradable comida entre directivos do astaleiro e os socios de Markea, tivemos a oportunidade de profundizar no proceso productivo dos diferentes barcos que se fabrican na Ría de Vigo e que se exportan a máis de 50 países.