skip to Main Content
Ddvnxmlvaaioyzh

Marketing deportivo: Modelo Monbus Obradoiro para a activación das marcas

O pasado luns tivemos un novo afterwork no Club Financeiro de Santiago. Nesta ocasión, Daniel Agra, Director de Marketing do equipo de basket Monbus Obradoiro, contounos as mellores estratexias para activar os patrocinios no mundo do deporte.

Se non puideches acompañarnos, non te preocupes!, aquí che deixamos un resumiño de todo o que aprendemos. Agradecémoslle a Daniel o seu bo facer e que nos fixera pasar unha tarde á vez produtiva e divertida.

Marca Monbus Obradoiro

  • Máis do 53% dos ingresos do Monbus Obradoiro xéranse mediante patrocinios privados. As marcas e a súa activación son moi importantes para a viabilidade do Club.

O impacto económico que xera a marca Monbus Obradoiro á cidade de Santiago é superior a 3,4 millóns de euros.

  • Debemos estudar, identificar e coñecer o noso target para poder presentarlle ás marcas activacións o máis acordes ao seu potencial cliente.
  • O Valor Publicitario Equivalente da marca Monbus Obradoiro supera os 4,5 millóns de euros.

Modelo Monbus Obradoiro para a activación das marcas

  • “Grazas ao noso estudo do Valor Publicitario Equivalente temos medios obxectivos para definir o custe dos diferentes elementos que poden utilizar as marcas vinculados co Club”.
  • “O Modelo do Monbus Obradoiro para a activación das marcas está centrado na imaxe das marcas e contidos específicos para os nosos clientes, todo isto baseado nun modelo de experiencias”.
  • “Somos un gran vehículo de comunicación para as marcas, sendo unha canle diferente para que as marcas se vinculen cos máis de 40 mil seguidores do Monbus Obradoiro” .

“Xeramos eventos exclusivos para as máis de 300 empresas membros do Club de Empresas Obradoiro, onde buscamos que as empresas se coñezan e surxan sinerxias entre elas. En definitiva, activacións comerciais”.

  • “Desde o Club xeramos experiencias exclusivas para que as marcas poidan contactar cos seus clientes. Grazas a estas activacións, as marcas permiten aos seus clientes acceder a contidos exclusivos que os fidelizan”.