Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Marketing deportivo. O patrocinio como ferramenta estratéxica de marketing
No mes de febreiro tivemos unha novidade nos afterworks da Coruña, estreamos novo espazo na cidade: Fnac Coruña, acercándonos así ao centro da cidade e poñérvolo mais a man. E non puidemos facelo cun mellor ponente, Dani Agra, director de marketing do Monbús Obradoiro.
Dani falounos do patrocinio deportivo, que é ao que se adica no seu día a día, como ferramenta estratéxica para as marcas. Explicounos con todo luxo de detalle, as claves da exitosa estratexia de patrocinio deportivo que está a levar a cabo co CB Obradoiro, dende hai xa 7 anos.
Durante a charla, repasou os diferentes formatos de patrocinio que explota o clube na actualidade, o seu peso nas contas do mesmo e as diferentes adaptacións que fan para cada tipo de público e patrocinador concreto, como poden ser monetarios, colaborativos ou mesmo sociais.
Estas son as claves que Daniel Agra nos deixou do patrocinio como ferramenta estratéxica de marketing:
- Favorece que a marca interactúe coa sociedade dunha maneira natural
- Fai posible a relación direta con diversos públicos obxetivo
- Crea engangement
- Aporta visibilidade, notoriedade e credibilidade
- Facilita a transferencia de atributos de marca e de valores entre patrocinador e patrocinado, de maneira recíproca
A información que nos amosou, permitiunos constatar como un equipo dunha cidade de menos de 100.000 habitantes, pode competir na liga mais importante de Europa e estar entre os primeiros en reputación e retorno da inversión, grazas a un proxecto de marketing dinámico, segmentado e plenamente vinculado aos valores da marca.
Foi, sen dúbida, unha gran estrea.
Grazas a Dinahosting polo patrocinio destas xuntanzas que tanto nos aportan. E tamén grazas a Rubén Pereiro, de Fnac, pola sua acollida.