Queremos repasar as entrevistas feita por Rúbrica Dixital aos nosos socios e socias durante o ano 2024. Aquí van as entrevistas
Márketing e sostibilidade como factores chave da consolidación de VAZVA
O pasado xoves desfrutamos dun novo afterwork presencial no Club Nordés, ao que agradecemos enormemente que nos abrise as portas da súa casa. E nesta ocasión o convidado foi Óscar Vales, fundador da marca Vazva e da plataforma de sostibilidade We Sustainability. Lucía González, a nosa vicepresidenta, foi quen de entrevistalo e facer de moderadora na conversa que se estableceu.
Surf e moda
Vazva vén de cumprir 18 anos e supuxo o primeiro emprendemento de Óscar, un apaixonado do surf que comezou a súa andaina profesional no mundo da moda.
Óscar relatounos o percorrido de Vazva, o seu crecemento súper rápido e periodos de crise que puideron superar grazas a contar cuns valores moi moi claros, unha imaxe de marca moi potente, e un público moi fiel. Preguntámoslle a Óscar sobre os próximos retos de Vazva e van encamiñados a profundizar na estratexia ecommerce e a seguir vinculados a festivais e venda no offline
Precisamente, Óscar comentounos que Vazva estivo presente no Pantin Classics e que foi todo un éxito. Puideron presentar a súa colección e sentir o calor e apoio dos seus seguidores.
Sostibilidade
Tamén falamos de We Sustenability, a plataforma de sostibilidade cunha acción clara, concienciar sobre as diferentes formas de reciclar e protexer ao noso planeta. We fai limpezas de praias, reciclaxe de plásticos e tamén está en festivais, onde conciencia con accións de impacto en que os plásticos poden ter unha segunda vida.
Óscar indicounos que os seus próximos retos como emprendedor é comunicar máis. En todo este tempo estiveron centrados en xerar accións, en facer, pero non souberon equilibralo coa comunicación, tan necesaria para chegar a máis público. Óscar definíao como comunica+acción
Moitas grazas Óscar por participar neste afterwork e sobre todo, por ser tan humano e sincero, recoñecendo acertos e erros.
E grazas tamén ao Nordés Club Empresarial por acollernos na súa casa, na primeira das moitas veces que esperamos colaborar xunto ao Cluster da Comunicación de Galicia.