Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Marketing en Centros Comerciais: a reconquista dos clientes tras o COVID19
O martes tivemos unha cita con Cristina Fernández, de Bannister Global, axencia especializada en centros comerciais. Cristina quixo amosarnos cal podería ser a folla de ruta para recuperar eses clientes perdidos, durante os mais de dous meses que estiveron cerrados os centros comerciais.
Os centros comerciais deixan de ser un lugar para facer compras e vivir experiencias
Tralo estado de alarma, chegou a incertidumbre para os xestores dos centros comerciais que viron cómo cerraban as suas portas por completo ou casi e sobre todo con medo por non ter coñecemento de cando poderían voltar a prestar os seus servizos.
Pasados os primeiros momentos mais difcíles e vendo cómo a situación de crise sanitaria melloraba, o que implicaba unha inminente reapertura, os responsables de marketing dos centros comercias tiñan que repensar estratexias para conseguir traer de volta aos clientes.
É evidente que se produciron cambios no comportamento dos consumidores durante este tempo, pero non sabemos si estes cambios serán temporales ou permanentes. Neste debate, o que parece claro é que haberá que poñer en marcha unha serie de medidas para recuperar eses clientes, e Cristina desglosounolas por áreas:
Seguridade e Limpeza
- Mais persoal de limpeza
- Desinfección diaria de zoas comúns
- Ofrecer aos clientes kits de protección individuais (mascarilla, xabón,…)
- Toma de temperaturas, alfombras desinfectantes,…
Distancia social
- Reducción do aforo
- Control de accesos e señalización de itinerarios
- Formación do persoal para atender aos visitantes con empatía
Escoitar as tendas
- Apoialas con accións de marketing. Mais que nunca, prestarlles asesoramento neste senso.
- Outras axudas mais directas: bonificacións nos arrendamentos, asesoramento fiscal, formación,…
Comunicación
- Difusión das mensaxes de protección e seguridade por distintas canles no centro
- Información actualizada ao momento sobre tempos de espera, aforos, etc.
Repensar o uso dos espazos
- Optimizar zoas amplas
- Potenciar os espazos ao aire libre
- Despexar pasillos
Responsabilidade social
- Adicar recursos a accións de responsabilidad social, sobre todo no eido local.
- Colaborar
O que queda claro é que hai moitos frentes abertos e que os centros deberán potenciar as relación cos seus clientes, sobre todo no ámbito local, pola menor mobilidade de estos e tamén para conseguir unha maior vinculación, ofrecéndolles seguridade e protección. E por suposto, pechar o tema da transformación dixital para aqueles que ainda no a levaran a cabo, ou non a termiñaran.
Graciñas Cristina por compartir o teu coñecemento do sector dos centros comerciais con nós, que ademais poderemos trasladar a outros sectores. E como non ao Cluster da Comunicación pola organización, ao Círculo, Dircom e Creatividade Galega polo apoio e difusión e a dinahosting polo patrocinio.