skip to Main Content
Miguel Conde 7

Marketing ético

“Cara a unha persuasión ética” é o título do relatorio que impartiu o creativo e fundador da axencia BAP&Conde, Miguel Conde Lobato, hai dous días no afterwork organizado no Club Financiero Atlántico. Miguel abordou na súa charla o márketing ético, e a súa irrupción no mundo publicitario, o seu presente e sobre todo o seu futuro. Achegounos a súa visión de como debe dirixirse o márketing cara a unha persuasión ética para responder aos novos retos da sociedade. “As marcas deberán preocuparse cada vez máis pola ética dos seus produtos”, augurou. Na súa opinión, nun mundo cada vez máis global, o consumidor ten o inmenso poder de decidir e esixir. Un consumidor que vai pasar de darlle toda a importancia ao precio a outros valores, aos que as empresas deberán adaptarse.

Como fundador e precursor da Fundación Konwcosters, defendeu o consumo informado. Asegura que as novas regras esixen unha visión diferente do consumo: ” o consumo como acto cívico”. Descubriunos un cambio de tendencia, que se pode observar no aumento de produtos locales, eco, artesanales, etc. e na importancia da trazabilidade, da pegada fiscal, do selo ecolóxico,…son todos aspectos aos que os consumidores dan cada vez máis valor.

Cuando consumes votas

Fundación Knowcosters

A preocupación polo medio ambiente e pola sustentabilidade foron outros aspectos expostos na charla, onde tamén analizou fenómenos como o baixo custo (low cost), a conduta das marcas e o ADN ético.

Por último, mostrouse convencido de que chegou o “tempo do transformacionismo” e de saber trasladar a información veraz ás boas prácticas e ao consumidor. Tanto é así, que abogou porque esa información veraz forme parte do marketing mix.

Grazas a todolos asistentes e, coma sempre, ao noso patrocinador Dinahosting.