Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Marketing, moito por coñecer
Na evanxelización que levamos a cabo dende Markea, o noso presidente Xose Luis Reza participou onte nas II XORNADAS TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN DO TERRITORIO do GDR Condado de Paradanta , concretamente na mesa redonda “Estratexias de marketing de destinos”.
Xunto a Alexandra Seara, Xerente do Consorcio de turismo da Ribeira Sacra, e baixo a moderación de @Pablo Castillo, presidente do GDR, Reza e mais Alexandra, falaron sobre o importante papel que xoga unha adecuada estratexia de marketing, á hora de estruturar a oferta turística dun destino e traballar para posicionalo no mercado.