skip to Main Content
D9bfixzw4aeelfi (1)

Marketing para artistas

Pódese ser artista e facer marketing? Parece unha contradición, comezou dicindo Pablo Cimadevila na súa conferencia. 


El aboga pola posibilidade de vender a túa paixón, a túa arte. Ou sexa, que cre que sí, e ademais que hai que facelo.


Trala súa etapa como deportista de elite, Pablo reorientou a súa carreira cara á súa outra paixón, o deseño de xoias.

Como bo deportista, desde o principio pensou ao grande, nun mercado global e para iso, cavilou no uso das redes sociais para darse a coñecer.
Como era un adicto aos programas de Discovery Channel, ocorréuselle que podería facer un no que mostrase como facía as súas xoias, así que nin curto nin perezoso intentou vender a súa idea a canles de televisión e grandes produtoras, pero, parece que como todo emprendedor, pecou de inxenuidade, segundo nos comentou.


Un día chamáronlle dunha produtora na que querían facer un programa relacionado coa súa etapa como deportista, pero contoulles o seu novo proxecto e apostaron por poñer en marcha a idea. Gravaron unha tempada do programa “24 kilates” e funcionou moi ben, aínda que a productora preferiu non producir máis tempadas.

Así que Pablo, pensou en YouTube como ferramenta para chegar a toda esa audiencia global que podería estar interesada no seu produto e comezou, a finais de 2017, a súa andadura como “youtuber”.
Durante ano e medio Pablo logrou conseguir 25.000 suscriptores, o cal non está nada mal, pero non lle parecía suficiente para o que el estaba contando. Cría que o alcance debería ser moito maior, así que con toda a experiencia acumulada de produción e edición de vídeos propios e aprendendo do que facían outros, tomou unha decisión clave para seguir mellorando:


Reducir ao mínimo o contido oral, a voz, e deixar que o vídeo contase a historia coa imaxe, a música e que as poucas palabras que soasen fosen en inglés (moito máis universal no mundo online)


Ese foi o detonante para que a súa canle de You Tube se lanzase como un foguete cara á audiencia global. Actualmente ten 1,8 millóns de suscriptores, interesados nun contido tan específico como é o da xoeiría.


Puidemos visualizar o famoso “vídeo das tuercas”, que sen dúbida é incrible: 

https://youtu.be/nEB0pt3Vbss

Aínda que se centrou en You Tube, Pablo contounos que deberiamos utilizar todas as redes sociais con contido adaptado a cada unha delas; pero que se non temos tempo suficiente, nos enfoquemos nunha, a que mellor sirva ao noso obxectivo.

Grazas Pablo por deleitarnos cos teus deseños e as túas palabras.