skip to Main Content
Galicia Business School Reza Junio 2020

Marketing sostible: venta por valores

A semán pasada, Xose Luis Reza impartiu un webinar na Galicia Business School, sobre marketing sostible.

Este webinar desenvolveuse no marco da iniciativa que esta escola puxo en marcha neste tempo de confinamento: os webinars da ComunidadGBS, encontros de alto impacto para profesionais.

Reza explicou o concepto de marketing e os aspectos a ter en conta para deseñar un plan de marketing nesta nova contorna, na que os consumidores están a poñer os valores por diante doutros factores.

Presentación Xosé Luis Reza

Estas son algunhas das novas aparecidas nos medios e que reflicten o que dicía Reza, e que xustifican a necesidade das empresas de traballar nos seus valores e que estes estean en liña cos da sociedade en xeral.

Os consumidores prefiren empresas responsables, na produción dos seus produtos, nos seus procesos, nas ferramentas que usan. E, por suposto, que esto sexa de verdade.

“As empresas que venden ecoloxía e sostibilidade, poden poñer uns precios maiores que as que non o fan”

Reza

Amosounos un gráfico onde se pode verificar este dato e tamén púxonos o exemplo: Casa Grande de Xanceda, que vende iogures por encima de 1€ a unidade, grazas a estes valores que transmite e que para os consumidores son de valor.

Diferencial de prezos entre produtos ecolóxicos e non ecolóxicos

Grazas Reza, por explicar o labor do marketing e a importancia de traballar os valores das marcas en consoancia coa sociedade.