Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
Nace Rúbrica, unha cabeceira coa vocación de reflectir o traballo, a opinión e as tendencias no eido da comunicación gráfica en Galicia
A sede do Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña foi o escenario elixido para presentar á sociedade Rúbrica, a nova publicación do Clúster da Comunicación Gráfica; que nace co obxectivo de reflectir o traballo, a opinión e as tendencias do eido da comunicación gráfica en Galicia. A publicación foi presentada esta tarde polo presidente do Clúster da Comunicación Gráfica, Jacobo Bermejo; a presidenta de Dircom Galicia, Amalia Baltar; e o presidente da Asociación Galega de Marketing-Markea, Xosé Luis Reza.
A revista non pretende só representar a todos os axentes integrados no Clúster, senón conformar un espazo editorial máis amplo que dea visibilidade aos proxectos e creacións dos profesionais que, en Galicia, desenvolven o seu traballo no ámbito da comunicación gráfica