skip to Main Content
Foto Editada

No brand, no business pola axencia Reclam

O pasado martes Domingo Torrón, Director da axencia Reclam, contounos o importante que é apostar polo branding na nosa empresa para xerar máis oportunidades de negocio.

Se non che convence, convídote a seguir lendo esta postaxe resumo, porque seguro que despois de lela non terás dúbidas 🙂

Domingo comezou explicándonos que unha marca é a maneira na que as persoas perciben o teu servizo e compañía, e está formada por valores que van máis aló do produto ou do logo. As marcas non poden controlar a percepción que teñen as persoas sobre a mesma, pero poden influír nese pensar. Influír e impactar sobre as persoas e futuros clientes non é unha moda, é unha cuestión de supervivencia.

E como conseguimos ese impacto?

Pois é vital implementar un deseño notorio, manter unha comunicación constante co consumidor ou apostar polo storytelling para que as nosas marcas impacten. E todo isto forma parte do branding.

O branding é a xestión estratéxica intelixente e creativa dos atributos tanxibles ou intanxibles dunha marca. As marcas deben tentar ser relevantes, diferenciadoras e manterse no tempo.

Polo tanto, que é o branding?

  • É estratexia
  • Creatividade
  • Xerar ilusión
  • Cumprir expectativas
  • Experiencias positivas
  • Satisfacción
  • Vinculación
  • Confianza
  • Fidelidade

Dentro desa aposta polo branding, unha marca debe tentar que a experiencia de compra estea á altura ou por riba das expectativas dos seus clientes, e só así conseguirán fidelizalos.

Que conseguimos co branding?

  1. Definimos unha proposta única de valor
  2. Deseñamos unha estratexia de marca competitiva
  3. Posicionamos a marca
  4. Establecemos unha liña de comunicación
  5. Definimos a personalidade e a dimensión emocional da marca
  6. Alineamos a todos os integrantes da compañía baixo o paraugas da marca
  7. Aumentamos o valor da compañía de cara aos stakeholders
  8. Construímos unha entorna que empuxe a actividade empresarial

O MARKETING CONSISTE EN VENDER.

O BRANDING CONSISTE EN QUE CHE COMPREN.

Para terminar, Domingo comentounos o caso particular de dúas grandes empresas mundiais, Volkswagen e Nike, que conseguiron saír de auténticas crises grazas ao poder das súas marcas. E por que? Porque son marcas relevantes, que se diferencian dos seus competidores e consiguen empatizar cos seus clientes, que son auténticos brandlovers.

A mellor publicidade é a que fan os clientes satisfeitos

Philip Kotler

Moitísimas grazas a Domingo e a Ángeles de Reclam por esta estupenda xornada, e como non ao noso patrocinador dinahosting, xa que nos dá o seu apoio para organizar 3 veces ao mes os nosos afterworks 🙂