skip to Main Content
Roberto Carreras

Non berres aos teus clientes, rumoréalles

Roberto Carreras comenzou contándonos a súa historia profesional para explicar como chegou ao momento actual, no que está a desenvolver a VOZ como ferramenta de marketing, nun novo proxecto.

Esta historia comeza hai tan só 9 anos, coa creación de @MUWOM, proxecto innovador e revolucionario de cocreación entre marca, artistas e fans, no que se usou a música para contar historias. Falamos do famoso PLAN B (Ballantine’s), con Carlos Jean. Foi o inicio do seu traballo coa voz e o audioA partires de aquí, estivo a traballar xunto ao seu equipo para as marcas máis desexadas por calquera marketero, o que finalmente levounos a centrarse nun único cliente, co que desenvolveron unha ferramenta de audiobranding, e que foi o xerme do que hoxe é Voikers.

A finais do ano 2017 e principios de 2018 déronse conta do interese da voz para o marketing e plantexáronse como as marcas poderían trasladar o seu posicionamento vía audio. Crearon unha metodoloxía propia para dar coa voz adecuada para cada marca baseada nos seguintes parámetros:

  • Atributos da marca (posicionamento)
  • Emocións
  • Target
  • Voces

É un feito que os usuarios estamos a usar cada vez máis as buscas por voz en calquera dispositivo ao noso alcance. A máis dispositivos, máis vías de interacción, e por iso é imprescindible que as marcas definan a súa voz, aquela que vai interactuar cos seus clientes, e lles vaia ofrecer a mellor experiencia posible na súa relación coa marca.

As marcas necesitarán a medio prazo unha axencia de voz e audio, di Roberto.

O audio está a crecer a un ritmo exponencial. En España, o 52% dos adultos de máis de 45 anos escoitan podcasts. De feito, estímase que sexa a tecnoloxía con maior penetración nun menor prazo de todas as que tivemos ata o de agora.

Algúns datos máis:

  1. Hoxe, o 25% das buscas de Google realizanse a través da voz. Espérase que no 2020 sexan un 50%
  2. No 2021 haberá máis asistentes virtuais instalados en dispositivos que persoas no planeta
  3. Gartner estima que en 2020, o 75% dos fogares norteamericanos terá polo menos un dispositivo de voz

Ábrese unha oportunidade de liderar o cambio no Marketing para que a voz represente á marca.

E para rematar, deixamos unha conclusión sobre o uso da voz e a elección máis adecuada para cada marca, tendo en conta que a mesma sirve para:

  • Transmitir información ou coñecemento
  • Expresar sentimentos e emocións

O máis importante na construción dunha marca non está tanto na tecnoloxía senón no contido e en como a voz que o trasnmite, emociona e conecta con nós.

Por iso en Marketing temos a “obriga” de incorporar a voz nas nosas extratexias canto antes.

Grazas Roberto pola charla e o descubrimento desta ferramenta de marketing que é a VOZ.