skip to Main Content
D9xixhfxuaa3 R

Nunca con tanta información se fixo tan pouco

A semana pasada os compañeiros de Roi Scroll foron os encargados de impartir o afterwork de Santiago. O tema: nunca con tanta información se fixo tan pouco. Coincides?

Vivimos obsesionados con obter datos pero, sabes sacarlle rendemento para beneficiar a túa estratexia de marketing? A resposta é non en moitos casos.

Ferramentas tan coñecidas como Analytics dannos centos e miles de datos, pero estes datos non nos din nada se non sabemos como interpretalos. Se non sabemos lelos, tampouco poderemos tomar boas decisións.

Obxectivos macro e micro-obxectivos smart

Que é o que pretendes conseguir nun ano vista por exemplo? Márcate unha meta final, unha meta macro, e utiliza os datos que máis che interesen para alcanzar o teu obxectivo.

Para alcanzar o teu obxectivo macro precisas micro – obxectivos que funcionarán coma pequenos hitos. Deben ser smart: específicos, medibles, alcanzables, realistas e temporais.

Define diferentes KPIs

Xunta os teus datos en KPIs, ou indicadores.  Existen estes catro tipos:

  • KPI de audiencia
  • KPI de conversión
  • KPI de comportamento
  • KPI de atribución

Establece unha metodoloxía

Estes son os pasos concretos que tes que seguir:

  1. Analiza a situación na que te atopas
  2. Formula hipóteses
  3. Realiza test
  4. Analiza resultados e aplica as melloras que sexan precisas

Con estes catro pasos podes debuxar un mapade iteración. Cando o paso catro se complete, poderás voltar ao principio.

 

Conclusións

  1. Identifica os datos para o teu negocio
  2. Recolle informaciónu
  3. Interpreta
  4. Toma medidas a0 respecto
  5. Investiga
  6. Todo o que fagas, mídeo.