O pasado 14 de abril, Markea participou na organización do VIII Foro de Marketing e Vendas con APD, unha cita xa consolidada como referente
O Grupo Ingapan abre as súas portas a Markea
O pasado venres tivemos a oportunidade de visitar varias das instalacións de Ingapán en Lugo, e compartir con todo o seu equipo directivo a súa experiencia e saber facer. Un exemplo de empresa familiar que, dende o esforzo, a innovación e moitísimo sentido común se pode chegar dende Galicia ao mundo. Unha acollida excepcional que nos fixo sentir coma na nosa propia casa. Grazas Iria, grazas familia!!
