Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
“O mellor do marketing é que elixes ti”
A Asociación Galega de Marketing quere pór en valor a función do marketing na sociedade. Por iso, Markea apostou por Bap&Conde para a creación da súa segunda campaña de comunicación coa que pretenden, unha vez máis, revalorizar o papel do marketing. “O mellor do marketing é que elixes ti” é o resultado do traballo da axencia coruñesa que parte da premisa de que á xente lle gusta escoller, e iso é o que o marketing ofrece: a posibilidade de elixir. A idea disruptiva mostra a distopía dun mundo sen marcas: todos co mesmo produto, todos coa mesma opción, todos coa mesma marca… para evidenciar a importancia real que o marketing ten para os consumidores.
Sobre este concepto desenvolveuse toda a campaña, composta por pezas que plantexan diferentes posibles situacións nas que a xente perdería a súa capacidade de elección. Markea confiou unha vez máis en Avante para xestionar toda a planificación de medios. A axencia independente negociou cos principais soportes galegos para deseñar unha campaña que será visible durante todo o mes de febreiro en toda a nosa comunidade autónoma. As cuñas de 30” emitiranse na COPE, Cadena 100, Cadena Ser, Cadena 40, Cadena Dial, Onda Cero, Europa FM e Radio Voz. Os Roubpáxinas, páxinas e impresións publicaranse en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión da Coruña, El Progreso, Diario de Pontevedra, La Región, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Mundo, Marca e Expansión. As adaptacións para exterior colocaranse en mupis urbanos de Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Pontevedra, así como nas principais estacións de RENFE; tamén se negociaron valados en diversas ubicacións e autobuses urbanos e interurbanos.