Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024

O método do caso con EF Business School
O pasado venres tivemos a oportunidade en Markea de desfrutar dunha estupenda sesión formativa sobre o Método do caso a cargo de Javier Holguín, profesor do MBA da EF Business School.
O obxectivo desta formación é que os membros de Markea poidamos elaborar, coa axuda do equipo docente de EF, os casos de éxito das empresas nas que traballamos, e que poidan ser coñecidos e estudados máis aló de Galicia ou España. Porque en Galicia hai talento, de sobra ademais.
O método do caso
O método do caso trátase do estudo dunha situación concreta para aprender ou mellorar nun campo de coñecemento. Trátase dunha metodoloxía que lle permite ao alumno ou interesado analizar casos de empresas reais, propoñer accións, debater solucións e mellorar na toma de decisións.
O método do caso é vital para a aprendizaxe:
- Complementa a teoría cun caso de estudo real
- Fomenta o desenvolvemento do xuízo crítico e a toma de decisións
- Avaliación de diferentes perspectivas e roles
- Promove o diálogo e o debate do caso
Non todos os casos son iguais, e existen casos descritivos, casos de problema de decisión e casos abertos

Ideas para a redacción
Ao igual que acontece cando contamos un conto, un método do caso debe contar cunha introdución, nó e desenlace para conseguir atraer ao alumno ou interesado.
Javier Holguín deixounos diferentes consellos en canto ao estilo de redacción do caso de éxito da nosa empresa. Aquí volos deixamos:

Ao final Javier Holguín indicou 5 ideas para acertar elixindo o caso:
- Inferiores a 15 páxinas e incluso 10 mellor
- Resolven cuestións concretas
- De empresas non coñecidas, ou se son coñecidas as marcas, que non sexan os procesos
- Casos de éxito actuais, ou alomenos, non caducos
- En castelán e traducidos
Graciñas Javier pola sesión. E agora é a vosa quenda, compañeiros. Agardamos polos vosos casos de éxito!
