Coñecemos os resultados da enquisa elaborada por AMKT na que colabora Markea para este segundo semestre do 2024
O online e o offline e un só destino, vender máis
E rematamos a segunda xornada de Flúor coa ponencia de Pablo Foncillas, docente e investigador e innovación empresarial. A súa charla foi tremendamente inspiradora, versando sobre os mitos e as claves na era da omnicanalidade.
Pablo Foncillas apuntou que ás empresas lles custa pensar en estratexias de marketing que integren o online e o offline. Estamos empeñados en invertir no online, que se convirta na nosa canle principal, pero non o facemos ben, fáltannos coñecementos. Como exemplo, o 90% das decisións empresariais tómanas inmigrantes da era dixital.
E é por este motivo polo que as empresas deben asumir o gran reto de integrar a omnicanalidade nas canles de venda e nas ferramentas comerciais, o omnicommerce. En relación á evolución das canles, Pablo Foncillas quixo facer diferenzas entre as 4 existentes:
- Traballar cunha canle herdada
- A multicanalidade que é a realidade
- A cross-canalidade é ao que aspiramos
- E omnicanalidade, que é o nirvana, a máxima aspiración
O obxectivo é chegar ao mercado, e podemos facelo a través de múltiples canles. A opción máis recomendada é optar pola omnicanalidade sen lugar a dúbidas.
Conclusións finais
Sen visión non hai posibilidades de cambio, por moito que confiemos no dixital. Hai que invertir no proceso. E neste punto non temos os deberes feitos segundo Pablo Foncillas, as persoas non están preparadas para acometer os cambios que precisamos facer, avanzamos moi lento respecto á tecnoloxía.
Para rematar, Pablo falounos sobre o Método winners, a tecnoloxía facilita pero non nos debe condicionar. Todos os beneficios que obteña do libro serán doados á Fundación Exit, para axudar a mozos en situación de vulnerabilidade social. Fantástica iniciativa.
Foi estupendo que formaras parte da nosa segunda edición de Flúor e agardamos verte pronto, Pablo.
Graciñas aos membros do Comité Técnico de Flúor que coa súa implicación e esforzo lograron que o Flúor siga sendo un evento de referencia congregando a case 900 espectadores. E como non, aos patrocinadores polo seu apoio: Concello de Pontevedra, Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, iconweb, Roi Scroll, Avante Medios, Bysidecar, dinahosting, Deputación de Pontevedra, Cactus Digital, Miraveo, Redegal e ao Clúster da Comunicación.